25 de feb. de 2016

A GUARDA

A figura de Rosalía de Castro centra as actividades programadas para este sábado  
Os nenos gozarán dunha sesión especial de “Contos Contados” na Biblioteca. Pola noite haberá un recital poético e musical no Centro Cultural


Infogauda / A Guarda

 Este sábado, día 27 de febreiro, o Concello de A Guarda ten programadas diferentes actividades, tanto para nenos coma para maiores, centrados na figura da poeta Rosalía de Castro.  

 Dentro do ciclo de “Contos Contados” que se celebra mensualmente na Biblioteca Municipal, este sábado haberá unha sesión centrada na escritora galega máis recoñecida. Nesta actividade os nenos e nenas participantes verán un pequeno vídeo explicativo da figura de Rosalía de Castro e despois traballarán a figura da poeta a través dun obradoiro que terminará coa lectura de varios poemas da autora.   

 Ás 20:30 horas, no Centro Cultural haberá un evento para por en valor tanto a biografía como a obra de Rosalía de Castro. O veciño guardés Manuel Cadilla Rey, coñecido como “Maruxo” será o encargado de recitar algún dos seus poemas e grupos coma “Carainas”, “Ghaiteiros do Carreiro” e “Tremelique”, da Agrupación Cultural Guardesa, serán os encargados de pór a música a este acto. O evento será presentado por Beti Rey. O Concello de A Guarda convida a todos os veciños a acudir a este evento e gozar da obra e vida de Rosalía.  
Actividades para os nenos
 Por motivos meteorolóxicos o Concello de A Guarda tivo que aprazar as actividades programadas cos diferentes centros escolares en honor a figura de Rosalía de Castro. 

 Deste modo, o luns pola mañá, os alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria, pintarán o mural deseñado na rúa San Bernardo.  

 A “Marcha por Rosalía” con nenos de Educación Primaria de todos os colexios guardeses aínda non ten data fixada, se celebrará dependendo das condicións climatolóxicas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario