A VALEDORA DO POBO, RECIBIU Á BEATRIZ FIGUEROA, ACTIVISTA VIGUESA POLOS DEREITOS DOS ENFERMOS DE CANCRO
A xornalista e avogada estivo acompañada pola parlamentaria do BNG, Olaia Fernández Davila e por varios doentes de cancro de A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela e Vigo
De esquerda á dereita: Anabel Martínez, enferma de cancro, de Lugo; Edurne Bastos, colabouradora de Beatriz Figueroa; Milagros Otero Parga, Valedora do Pobo; Beatriz Figueroa, Olaia Fernández Davila, ex parlamentaria do BNG no Congreso dos Deputados, e José Antonio Fernández Sánchez, enfermo de cancro, de A Coruña e colaborador de Beatriz Figueroa.
Infogauda / Santiago de Compostela
Na tarde deste luns día 14 de decembro, á Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, recibiu a avogada, doente de cancro e xornalista viguesa, Beatriz Figueroa.
No decurso da entrevista coa Valedora do Pobo de Galicia, á activista viguesa en favor dos dereitos dos enfermos de cancro, Beatriz Figueroa, estivo acompañada por Olaia Fernández Davila, ex parlamentaria do BNG no Congreso dos Deputados, e por unha representación de doentes de A Coruña, Lugo, Santigo de Compostela e Vigo.
Beatriz Figueroa iniciou o 21 de maio de 2013 unha folga de fame e pasou logo a recoller firmas e presentar medio millón no Congreso dos Deputados, onde tan só o PP votou en contra da toma en consideración da súa proposta. Nela, presentada polo BNG, solicitaba a incapacidade permanente, non definitiva, para os enfermos de cancro sometidos a un tratamento e mentres non se produza a súa curación a través dunha modificación lexislativa. Requiría dun cambio que nin tan sequera se empezou a tratar pola negativa dos populares.
Ante esta situación, acudiu ao Defensor del Pueblo, que deu traslado das dúas queixas presentadas por Beatriz Figueroa á Valedora do Pobo, institucións onde se abriron dous expedientes. Nun deles, solicita a cualificación de incapacidade permanente en persoas diagnosticadas de cancro. No outro, reclama que o copago farmacéutico non se aplique nos casos graves de enfermos graves que, ademais do seu desemprego, teñen que ver como non poden acceder aos medicamentos que lles receitan.
Beatriz Figueroa continuará coa súa loita e, como lembra, non por ela "senón por miles de afectados". Por iso este luns día 14 de decembro de 2015, reuniuse coa Valedora do Pobo de Galicia, na que foi a súa segunda visita a esta institución acompañada por Olaia Fernández Davila. É este de os escasos apoios que di ter porque, lembra, "non houbo case interese de ningún partido por este tema".
O encontro da tarde de hoxe chega despois de que a Defensora del Pueblo, Soledad Becerril, remitíselle a Beatriz Figueroa un escrito no que responsabiliza á Xunta de Galicia de poñer en risco a saúde e integridade física das persoas sen recursos, en particular, das persoas enfermas de cancro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario