ANA PASTOR PRESIDIU O MITIN DO PARTIDO POPULAR
A candidata popular puxo o énfase nos postos de traballo que se perdían cada día, hai catro anos, e os que se crean hoxe
Ana Pastor no acto político de onte en Camposancos (A Guarda)
Fotos: Partido Popular
Partido Popular / A Guarda
Na tarde de onte, no Hotel El Molino, de Camposancos (A Guarda), o Partido Popular tivemos a sorte de contar coa presenza da Ministra de Fomento Ana Pastor. No mitin interviron Conchi Ortega, voceira dos populares na Guarda e candidata ao Senado; Marta Lucio, número 1 da candidatura ao Senado; Jesús Vázquez Almuiña, Conselleiro de Sanidade, e pechou o acto a Ministra Ana Pastor. A pesares da hora e as inclemencias do tempo, o salón encheuse de simpatizantes populares.
Ana Pastor no decurso da súa intervención no acto organizado polo Partido Popular
Contamos ademáis coa presenza do Delegado Provincial de Educación, da alcaldesa de Mos, do alcalde de O Rosal, alcaldesa de Oia, voceiros, concelleiros, ex alcaldes, etc.,
Abriu a intervención Conchi Ortega Martínez, repasando aos candidatos de outras formacións políticas, e fixo un comparativo da súa capacidade de xestión e experiencia respecto a nosa candidatura. Deu públicamente as grazas a Ana Pastor e o presidente Rafael Louzán, polo convenio firmado que está facendo posible a reexcavacion do poblado Mergelina, no Monte Santa Trega. Asemade salientou todas as inversións que a Ministra Pastor fixo na nosa provincia, especialmente a súa aposta polo AVE en Galicia e a mellora que vai a ter lugar da autovía entre Porriño e Vigo, que nos vai a favorecer moito aos guardeses.
Leu un carta para o votante indeciso, animando a a subir ao barco da recuperación económica, e non voltar a quiebra de fai catro anos.
Marta Lucio, na súa intervención deu datos económicos de como estaba España económicamente e como se está a recuperar.
O Conselleiro de Sanidade puxo en valor a Sanidade pública galega, e o esforzo da Xunta de Galicia por ter un gran hospital na area sanitaria de Vigo.
Ana Pastor, puxo o énfase nos postos de traballo que se perdían cada día, hai catro anos, e os que se crean hoxe. Explicou os millóns de euros en facturas que deixou sin pagar o ministro José Blanco, entre elas expropiacións que os veciños levaban 7 anos sen recibir. Ela foi capaz de pagalas sen deixar de facer novas inversións.
Ana Pastor - segunda pola dereita -, xunto as alcaldesas populares de Oia e de Mos; María del Carmen Alonso Alonso, 1ª Tenente alcalde do Rosal; Conchi Ortega Martínez, portavoz do Partido Popular no Concello de A Guarda e candidata o Senado; e unha militante do PP.
Todos os intervintes agradeceron a numerosa asistencia a pesares da hora do acto electoral, e das inclemencias do tempo. Con ter unha axenda apretada, a ministra, falou cos veciños, xa que todos tiñan moito interés por saludala, e amosóuse como é ela: cercana e atenta con todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario