11 de dec. de 2015

A GUARDA

LYDIA BOTANA PRESENTA SEU LIBRO-DISCO "DE AQUÍ PARA ALÁ"

Será o domingo día 13 de decembro, ás 11:30 h., en Mandora Casa de Música (Rúa Galicia, 10)



Infogauda / A Guarda

 O domingo día 13 de decembro, ás 11:30 h., en Mandora Casa de Música (rúa Galicia, 10, de A Guarda), terá lugar á presentación do libro-disco "DE AQUÍ PARA ALÁ", de Lydia Botana "Bolvoreta".

 "Este libro-disco busca espertar o interese das crianzas pola música e as culturas doutros lugares, dando valor á diversidade e por suposto, respectándoa, dun xeito didáctico e divertido Emoticón smile", dixo Lydia Botana.

 O libro está á venda tanto en galego como en castelán e nas súas 57 páxinas inclúense partituras, letras e melodías das cancións do disco, que conta coa colaboración de músicos amigos coma Xabier Díaz (de Berrogüetto), Javier Cedrón (ex compoñente de Luar na Lubre), Pedro Lamas (de infinidade de proxectos coma Susana Seivane) ou Guilhem Lacadée (trompetista de Manu Chao), entre outros. 

 Son 26 cancións variadas de estilo africano, jazz, rap, samba, reggae, ska, son cubano, clásica, oriental, tradicional balcan e galego, pop e incluso poesía, e unha unidade didáctica en PDF Emoticón smile. Está ilustrado por Roy Dosil e editado por Edicións Do Cumio. 

 LYDIA BOTANA
 Lydia Botana, músico multinstrumentista natural de Culleredo (A Coruña) ten formado parte de diversas agrupacións tanto rock, pop, reggae/ska, coma esembles de percusión, bandas sinfónicas ou dirección de coros. Titulada polo Conservatorio Superior de Música de A Coruña en Pedagoxía da Linguaxe e a Educación Musical ten a titulación do Grado Profesional de piano cursado entre o Conservatorio de Culleredo e o da Coruña.

 Xunto con diferentes grupos, participou en festivais e circuitos de música coma: Rock Marino 2004 (A Coruña) con Deixaví (trío rock femenino que fundou no 2003); xira co Coro Verdianeum de Parma (Italia) realizando a B.S.O do film “L´uomo che verrâ” en 2009; 7º Busker´s Festival Barcelona, X e XI Foundation Reggae Festival (Everton Blender, Fidel Nadal, Andrew Tosh- Culleredo, A Coruña), IX e XI Festival Reperkusión (Manu Chao, Ourense), Brincadeira 2011 (Europe, Rosendo, La Kinky Beat- Ordes, A Coruña), Nordestazo Rock 2011 (Che Sudaka- Malpica, A Coruña), Castañazo Rock 2011 (Reincidentes, The Locos- Chantada, A Coruña), Festigal 2012 (La Phaze, Zënzar- Santiago de Compostela), Brincadeira 2012 (Calle 13, Status Quo- Cambre, A Coruña), Festival Revenidas 2013 (Fermín Muguruza, Diplomáticos de Monte Alto), Castelo Rock 2013 (O´Funkillo, Reincidentes), etc.

 En febreiro 2012 grava, íntegramente, “No me importa nada” e “Walk away” ó ser convidada pola Universidade de Paul McCartney en Liverpool onde actuou na mítica sala The Cavern. En agosto 2012 grava tamén “Quen nos queima”, con Rubén Montes e misturado por Javier Abreu coa colaboración na voz de Garcia Mc (Dios ke te crew) e no baixo Sebas (Che Sudaka) co que é escollida polos estudantes de secundaria de Galicia como gañadora do concurso Correlingua 2013 que lle da o alcume de Bolboreta. En 2015 publica “Metamorfose”, disco EP autoeditado que presentou por todo o estado e Francia en formato acústico e eléctrico do que “Nunca choveu” é o primeiro single.  É a batería e acordeonista de Labregos do tempo dos Sputniks, forma parte da Banda Fura Fura e colabora nos directos de bandas coma La Pegatina con Xurxo Souto (Diplomáticos de Monte Alto), Canteca de Macao, Konflikto, Dakidarria, Dios ke te crew, Chimango, Zënzar, Desorden Público (Venezuela), Baokas 46, Os Tres Trebóns e os Homes sen Medo… Ten tocado tamén con Gogol Bordello, Manu Chao, Joan Garriga (La Troba Kung Fu/Dusminguet), O´Funkillo, Xabier Díaz…  Paralelamente, produce o concerto didáctico para público infantil chamado De aquí para alá que achega as músicas do mundo aos máis pequenos e pequenas dun xeito ameno e divertido a través das aventuras dunha bolboreta moi musical, case coma unha propia autobiografía. Con este proxecto actuou en diversos lugares da xeografía galega, tamén en Palencia e Zamora así coma en festivais coma o Festival de la luz (Boimorto), Musicando no nadal (A Coruña) ou para escolares das catro provincias galegas destacando a participación no programa da Orquesta Sinfónica de Galicia no Pazo da ópera da Coruña.

 Ten experiencia coma profesora en conservatorios, escolas de música, escolas infantiles, unitarias, obradoiros e campamentos dende fai máis de dez anos así coma charlas formativas sobre educación vogal ou conferencias sobre metodoloxías activas na aula de música ou a presenza de música moderna no eido educativo.

 Entre as súas publicacións destacan as comunicacións en xornadas sobre educación artística coma II CEIMUS (Congreso de Educación e Investigación Musical) sobre a motivación e creatividade na aula de música (Madrid, marzo 2012), II CONSMU (Congreso Nacional de Conservatorios Superiores de Música) sobre novos enfoques na formación e educación musical (Madrid, marzo 2015) ou Cursos de técnicas e recursos vogais para bandas para MusicMentoring.org, (Barcelona, xullo 2015).

 Tamén realiza dirección de coros infantiles sendo o papel máis destacado dirixindo o Coro Voci Bianche da Fondazione Teatro Comunale di Bologna, (Italia) que dirixe a mestra Silvia Rossi.  

 Nos últimos anos impartiu clases de Didáctica da Música no Conservatorio Superior de Música das Illas Baleares formando futuro profesorado en educación musical, foi a Xefa de estudos da Escola municipal de música de Arteixo (A Coruña), Xefa de departamento de Música e Movemento e de Linguaxe Musical, coordinadora de programación pedagóxica musical en diversos centros educativos de Galicia coma CEIP Tabeaio, CEIP Aneja-Prácticas, CEIP Rosalía de Castro, … e centros culturais coma o Museo de Arte Contemporáneo de A Coruña, Cambre Ocio, Asociación Galaica Música, etc.  Ten realizado substitucións na escola de música moderna Música Creativa de Madrid.

 Na actualidade acaba de publicar o libro-disco do seu espectáculo para nenos chamado DE AQUÍ PARA ALÁ coa editorial Cumio. Lydia atópase gravando o seu primeiro disco do seu proxecto persoal de música mestiza Bolboreta producido por Gambeat baixista de Mano Negra, Manu Chao do que en 2015 auto-editou un disco EP titulado “Metamorfose“.  Produce temas coma “Longas merendas” con Xenderal para o programa da TVG Xabarín Club e pódese atopar en diferentes discos coma o tema “Quen nos queima” no recopilatorio Lo peor de la rumba xunto con Manu Chao, Amparo Sánchez, La Pegatina, Che Sudaka, Tonino Carotone… coma Bolboreta, formando parte da “Rockola Volume 5″ unha xuntanza de Almas Rebeldes de aquí e de alá que a través da música cantan por un mundo mellor!

 Tamén en discos recompilatorios coma: 7º Buskers Festival Barcelona (2011), IX Festival Reperkusión (2011), Vilar de cruces rock (2012), e colaborando en discos de bandas de rock coma Anima- Tresmilonce (2013), música infantil coma Pirilampo- Lucecús (Ed. Galaxia. 2014) ou Traca-Traco (Ed. Cumio. 2015), acompañando a Javi Maneiro (Heredeiros da crus) no seu single “Eclipsándolo todo” producido por Juan de Dios, disco EP Bolboreta -Metamorfose (2015), libro-disco DE AQUÍ PARA ALÁ (Ed. Cumio. 2015).

Ningún comentario:

Publicar un comentario