11 de dec. de 2015

A GUARDA

O PP non vai a facer política co PXOM

Os populares de A Guarda propoñen empezar a traballar dende hoxe mismo para ter un documento que cumpla as leis actuais e se actualice coa nova Lei do Solo

Vista parcial da vila de A Guarda, desde o Monte Santa Trega
Foto: G.M.P.P.

Infogauda / A Guarda

 O Grupo Municipal do Partido Popular de A Guarda considera que  o PXOM debe quedar fóra de discusións políticas xa que é un documento de especial importancia para garantir o desenvolvemento e crecemento do concello, pero despois de que o alcalde acusase aos concelleiros populares de obstaculizar o PXOM, a voceira Conchi Ortega contesta que, precisamente,  é o inmovilismo do Goberno o que impide aprobar o documento urbanístico

 O PP de A Guarda explica que, dende o primeiro día, amosou unha actitude construtiva co PXOM, mantendo reunións co goberno, coa Xunta de Galicia, con Consultora Galega, pero os populares atopáronse con que había que votar un plan que levaba anos gardado nun caixón, cuns informes previos da Xunta sen contestar nin recoller, sen modificar  nin actualizar coas novas leis aprobadas trala súa redacción. Ademais, a empresa redactora do documento urbanístico solicitou dende principios de maio, antes das eleccions municipais a vontade de  rescisión do contrato ao non haber un acordo económico para actualizar o Plan, tanto en modificacions necesarias por erros e novas construccións, como para adaptalos a novas leis. Por este motivo, aos populares parécelles imposible aprobar inicialmente o PXOM porque non hai unha empresa que se faga cargo de contestar as alegacións, os informes que esixe a Xunta, e actualice o plan, donde nos podamos aportar, ou calquer outro grupo o colectivo.  

 Por este motivo, o PP esixe ao goberno que asuma a súa responsabilidade despois de que non prosperase hoxe en pleno a proposta de Alcaldia, e se poña a traballar xa para solucionar esta situación. Así, pide que se resolva o litixio coa empresa redactora do plan, e que o novo equipo redactor, resultante dun concurso público ben publicitado, utilice os arquivos editables existentes para modificar e adaptar o novo plan á lei. Tamén propoñen os populares que se reconsidere a ordenación e a calificación do solo, tendo en conta a realidade do Concello de A Guarda.  

 Para Conchi Ortega Martínez, portavoz do Grupo Municipal do PP de A Guarda no Concello de A Guarda o momento de aprobar inicialmente o PXOM é cando esté actualizado, porque será nese momento cando se ofreza aos guardeses un plan realista e adaptado ás súas necesidades a medio e longo prazo. Ofrecerase, ademáis, un plan obxectivo, adaptado ás normativas vixentes e á nova Lei do Solo de Galicia. Ofrecerase un plan ambicioso, pero sensato, acorde coas perspectivas de crecemento poboacional, e pensado para medrar no desenvolvemento turístico, comercial e industrial cara ao futuro. Un plan que ofreza garantías xurídicas e que solucione problemas do pasado, como as coñecidas como 21 licenzas

“Só con un plan xeral seguro xurídicamente, poderemos solucionalo, senon será crear mais inseguridade e problemas a estos veciños”, conclúe Ortega. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario