11 de dec. de 2015

A GUARDA

O BNG denuncia a incompetencia do alcalde de A Guarda por xogar co PXOM 


Ángel Luis Baz Vicente (portavoz municipal do BNG, no Concello de A Guarda): “Os únicos responsábeis de que A Guarda non teña o PXOM actualizado é do PSOE con 8 anos de goberno, 4 de maioría absoluta” 


Ángel Luiz Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Condello de A Guarda


Infogauda / A Guarda

 A Corporación Municipal celebrou na mañá deste venres día 11 de decembro, sesión plenaria extraordinaria, con un único punto na orde do día: PROPOSTA DA ALCALDÍA DE APROBACIÓN INICIAL DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DA GUARDA.

 A proposta da alcaldía non prosperou, xa que tan soio acadou 7 votos a favor (os do grupo de goberno), sendo rexeitada por 10 votos en contra (os dos grupos da oposición e concelleira non adscrita).

  Para o BNG, que votou en contra da aprobación inicial do PXOM no pleno celebrado hoxe, “(...) resulta inaudito que o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, levase a pleno a aprobación do PXOU co ditame desfavorábel da Comisión de Urbanismo, nunca antes isto sucedera

  Ángel Luiz Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Condello de A Guarda: O PSOE volve colar nunha campaña electoral un tema de urbanismo tal como sucedeu co “Convenio urbanístico do Colexio dos Xesuítas. Daquela o BNG dixo que non era o mellor momento, a catro días das eleccións municipais, para aprobar un convenio que ía condicionar o futuro plan xeral da Guarda, de feito está incorporado. O PP e o PSOE aprobárono co voto en contra do BNG, hoxe o PSOE volve cometer o mesmo erro

 “O alcalde di levar realizado esforzos para aprobar o plan xeral, pero actúa de xeito totalmente contrario. Solicitamos información no mes de xullo, foinos entregada a mediados de novembro e despois de ser advertido o alcalde, por este portavoz, polo que non había moita présa por tratar o tema”, comentou Ángel Baz. 

 O BNG sinala que o PSOE estivo gobernando durante 8 anos, catro con maioría absoluta, e non fixeron nada, soamente desculpar o atraso polos continuos cambios da lexislación. Agora, ás portas dunha nova “lei do solo” parece que pretende apurar unha aprobación inicial intentando presionar na oposición, sabendo que terán que adaptar o PXOM á nova lei. Por certo, que a tramitación da “nova lei do solo” era coñecida hai ano e medio

 O BNG considera unha “indecencia” que o Alcalde de A Guarda e o PSOE utilicen, unha vez máis, aos afectados das anulacións das 21 licenzas, como pretexto para unha aprobación do PXOM que non lles garante a solución desexada

 Outra das cuestións - segundo Ángel Luis Baz Vicenteé a inexistencia de equipo redactor, xa que decidiron rescindir o contrato co concello, polo que non hai quen conteste as alegacións que os veciños e veciñas poidan presentar. No caso de contratar a unha nova empresa tería que responder dun plan que non deseñou. Para o BNG isto é un esperpento

 O BNG sinala que  existen varios informes preceptivos que cuestionan a actual redacción do PXOU, é dicir, que os mesmos que teñen que aprobar realmente o plan, a Xunta, xa están advertindo que existen erros, algo que o BNG avisou no seu momento, e ninguén, nin o goberno nin o equipo redactor, xustificaron correccións. Para o BNG se hai alguén responsábel de que non haxa un novo PXOM na Guarda é, única e exclusivamente, o PSOE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario