12 de dec. de 2015

O ROSAL

NÓS – Candidatura Galega di no Rosal que só unha forza xenuinamente galega pode defender os intereses de Galiza 

“Nós somos unha candidatura como os muños do Picón e do Folón,como os mirabeis,como a banda de música do Rosal, somos 100% galegas, que defendemos o noso” afirmou Míriam Rodríguez.  

Imaxe que ofrecía o acto público que NOS – Candidatura Galega celebrou no Rosal


Infogauda / O Rosal

 NOS – Candidatura Galega celebrou no Rosal un acto público no que se reivindicou como a única forza política xenuinamente galega e que defende os intereses de Galiza. 

 A candidata numero tres ao Congreso dos Deputados en Madrid, Míriam Rodríguez, afirmou que foron os nacionalistas galegos os que levaron a voz de Galiza ao Congreso, ou ao parlamento europeo, como a semana pasada aconteceu cos emigrantes retornados.  

 “O pobo galego temos memoria! A caso nós as preferentistas non vimos como as nacionalistas galegas levaron a nosa voz a Madrid, e non so nós, tamén os madrileños afectados de Bankia, eles tamén foron pedirlle axuda as deputadas do BNG porque ningunha outra organización política movía o cú por eles”, afirmou a candidata nacionalista na súa intervención.  

 Pola sua banda, Daniel Rodas, deputado do BNG no parlamento galego, defendeu a presenza no parlamento español e dixo que “precisamos representantes para os que Galiza sexa o centro, non a periferia”. Afirmou asi mesmo que o voto a NOS – Candidatura Galega vale dobre, para dar voz a Galiza en Madrid e para forzar a transformación real do estado”.  

 Asi mesmo, o portavoz do BNG no concello do Rosal, Alberte Alonso Pereira, que presentou o acto, fixo fincapé na necesidade de que unha forza xenuinamente galega, “cos pés, a cabeza e o corazón en Galiza”, como ata agora fixo o BNG, teña representación en Madrid. “Esa e a única garantía de que os problemas de Galiza se discutan e teñan visibilidade, non vale so con representantes nacidos en Galiza que se presentan en forzas cos centros de decisión en Madrid”, afirmou.

Ningún comentario:

Publicar un comentario