O Partido Popular de A Guarda aposta por buscarlle
continuidade e viabilidade ao GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipais)
Conchi Ortega Martínez - no centro da imaxe - xunto cos demais concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de A Guarda
Con data 2 de xullo de
2015, o Partido Popular de A Guarda presenta no Concello, con rexistro de
entrada nº 4278 a
súa primeira moción desta lexislatura sobre a ORDENANZA FISCAL REGULADORA DAS CONTRIBUCIÓNS ESPECIAIS.
Como dixemos con
anterioridade, dende a oposición queremos traballar por A Guarda, intentando
achegar posturas con outros partidos presentes no consistorio. Non pensamos que estar discutindo entre os grupos municipais todo o tempo, sexa o que queren os cidadáns, que xa
están fartos de tanto enfrontamento. Nós a través do nosos traballo de
oposición presentaremos tantas mocións, preguntas e rogos como os guardeses nos
trasladen, e intentaremos consensuar con outros grupos no goberno ou na
oposición.
Esta moción en concreto trata de buscarlle viabilidade ao Grupo de
Emerxencias Supramunicipais, un dos servizos máis necesarios no Concello e na
Comarca. Ninguén dúbida da súa necesidade, xa que é un dos GES mais activos con
mais de 900 intervencións nun ano. Non esquezamos que o GES intervén en
incendios, accidentes, rescates e en todas aquelas situacións onde ocurra unha
incidencia grave, aparte de outras moitas onde o risco ou a prevención de
incidentes o requira , que son moitas máis das que nós poidamos imaxinar. Si
non facemos algo pola súa continuidade, seremos responsables de que algún
incidente poda acabar en traxedia, por falta duns medios como temos agora as 24
horas do dia tan preto de A Guarda. Hai que pensar que o noso concello está
lonxe de calquera outro GES, como o de O Val Miñor ou os Bombeiros de Porriño.
Por outra banda, hai que fixarse nas condicións xeográficas da nosa vila,
non só está alonxada, senón que ademáis ten moita liña de costa, praias,
rochas, o río Miño, zonas de monte, un casco urbán bastante complexo e unha
rede viaria e de sendas e camiños moi complicada. Estas características
dispersan aínda máis as zonas de risco, e se ampliamos o sector a os concellos
de O Rosal, Oia e Tomiño, xa temos máis que xustificada a presenza na Guarda do
GES.
Buscar a viabilidade o GES é unha
obriga para todos os grupos políticos, xa que o custo é alto nos orzamentos
municipais, a pesares que é cofinanciado
pola Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra. Se hai algunha forma de rebaixar este custo,
o Partido Popular temos a obriga de
propoñela.
Pensamos os populares que a través
de unha modificación da ordenanza fiscal se podería recuperar parte do custo
das intervencións a través de unha taxa a cobrarlle aos seguros, en función das horas invertidas e o
material empregado. Este é o sentido da moción presentada que esperamos podamos
consensuar cos outros grupos.
Esta mesma semana e a seguinte presentamos máis mocións, como é o noso
deber de oposición.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario