CONVERXENCIA GALEGA PRESENTA SUXERENCIAS Á AXENDA DE ACTIVIDADES VERÁN 2015, EDITADA POLO CONCELLO
Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro portavoz do Grupo Municipal Converxencia Galega no Concello de A Guarda - Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
O Grupo Municipal Converxencia Galega, a traverso do seu concelleiro portavoz Celso Rodríguez Fariñas, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte proposta:
AXENDA DE ACTIVIDADES VERÁN-2015
Nestes días en que se distribúe a Axenda de Actividades VERÁN-2015, e despois de pedir a opinión de varios/as veciños/as e visitantes, todos/as coincidían nas súas conclusións:
1º.-) No noso pobo se levan a cabo unha gran cantidade de actividades e existen entidades deportivas, culturais, sociais, etc., que xunto cas Comisións de Festas se esforzan por mellorar cada ano un pouco máis.
2º.-) Que en moitas delas, participa, organiza ou colaboura o Concello.
3º.-) Que o impreso que se reparte está feito para aquelas persoas que teñan unha vista “perfecta”, xa que calquer miopía, astigmatismo, vista cansada, etc., membros da 3ª Edade poden ter problemas para poder informarse dada a letra pequeniña en que está elaborado, polo que se podería incrementar o tamaño e o tipo de letra.
4º.-) Que oxalá acudan A Guarda visitantes de tódolos pobos galegos e cada ano sexamos capaces de atraer máis e máis, pero a realidade é que tamén acuden a esta esquina atlántica moitas persoas de distintos e variados puntos de España, e cando menos, se debería de editar, nun principio, nas dúas lingoas, ben en conxunto, ou dous ejemplares diferenciados.
Dende Converxencia Galega, por medio deste escrito, vimos a transmitir ao Equipo de Goberno Municipal estas ideas que compartimos cas persoas as que nos diriximos para coñecer súa opinión e que poden axudar a que co esforzo de todos/as vaiamos incrementando a afluencia de visitantes e poidamos poñer no candelabro a referencia turística de A Guarda.
A Guarda, a 30 de xuño do 2.015
Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario