2 de xul. de 2015

A GUARDA

A FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA OFRECE OBRADOIROS E DIFERENTES XOGOS PARA OS NENOS E NENAS 



Infogauda / A Guarda

 Ainda que xa levamos varios días nesta nova estación, desde este venres pode decirse que A Guarda comeza con moita ledicia a tempada de verán. E faino coa XXV Festa da Langosta e da Cociña Mariñeita. Un evento, que é moito máis que gastronomía, ofrece tanto os veciños da localidade coma ós centenares de persoas que chegan á vila para esta celebración, unha programación moi ampla na que destacan a música, as actividades deportivas e o entretemento para os nenos e nenas.  

 A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira comeza este venres, ás 20:00 horas, na Praza do Reló, con unha actuación da Banda de Música Agrupación Musical de A Guarda, que por espazo de unha hora ofrecerá un concerto nun entorno sen igual.

 Arredor das 21:00 horas, está prevista unha intervención do Alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz.


Yayo Daporta, prestixioso cociñeiro galego será o pregoeiro da XXV Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, de A Guarda

 Deseguido, terá lugar á lectura do pregón a cargo de Yayo Daporta, prestixioso cociñeiro galego con unha estrela Michelín, e xurado na última edición do programa de televisivo Top Chef. 

 Logo deses actos previos, arredor das 22:00 horas, no porto de A Guarda, procederase á apertura da carpa da XXV Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.

 Ás 22:30 h., Yayo Daporta cociñará in situ, sumándose dese xeito á magnífica labor dos hostaleiros de A Guarda que o longo de tres xornadas nos ofrecerán un amplo abano de suxerencias para o padal, nas que ademáis da Langosta - a Raíña da Festa - haberá outras moitas propostas gastronómicas (percebes, mexilons, navallas, polbo á feira, chipirons, calamares, croquetas,...) para tódolos petos. E por suposto, tamén haberá viños galegos, postres, como á saborosa Rosca de Xema de A Guarda, Tarta de Santiago, Serpentinas de xema, filloas recheas,...

 E logo de disfroitar dos praceres da boa mesa, da compaña dos familiares e amigos, a iso das 23:30 h., comezará á actuación da Orquestra América.


 O sábado pola mañá, a festa ofrece diferentes actividades para os máis cativos. A partir das 12 horas, no recinto do Porto, haberá inchables gratuítos e un obradoiro de cociña para nenos e nenas. A partir das 17 horas, ambas actividades volverán a estar abertas ó público.  As 18 horas comezará a XX Travesía a nado Porto da Guarda, na que, ademais de categorías para maiores de idade, tamén se ofrece un percorrido para os nenos e nenas que queiran participar.  

 O domingo, ademais dos inchables, a organización ten preparados diferentes xogos populares para que os nenos e nenas se entreteñan mentres, pais, avós e tíos, gozan da gastronomía e da música.  Ás 17 horas no porto, para todos os nenos e nenas que o queiran, haberá varios kayaks e distintos monitores, que axudarán a iniciarse nesta divertida actividade acuática.  

 O Concello da Guarda pretende, con este tipo de actividades e co resto da larga programación que ofrece nesta XXV edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, converter esta data nun reclamo para familias enteiras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario