25 de maio de 2015

SANTIAGO DE COMPOSTELA

CULTURA
EL DOCUMENTAL DEL MES
NO CGAC



26 de maio de 2015 ás 20.30 h
Auditorio do CGAC

Art and craft (2014, EEUU), dirixida por Sam Cullman e Jennifer Grausman
Duración: 89 min.
Versión orixinal subtitulada en castelán.
Entrada libre até completar capacidade.

Sinopse

Mark Landis é posiblemente o falsificador de arte máis prolífico da historia dos Estados Unidos. Durante 30 anos enganou os responsables de museos de todo o país con imitacións de obras de arte desde o século XV ata pezas de Picasso.

As súas accións son misteriosas: aínda que podería gañar millóns de dólares vendendo as súas falsificacións, fai doazóns disfrazado de cura ou de xeneroso filántropo.

Matthew Leininger, Xefe de Rexistro do Museo de Cincinatti, ten unha obsesión dende que Landis logrou enganalo cunha das súas creacións: perseguilo e detelo definitivamente. O que empeza como un xogo do gato e o rato se converte en algo sorprendente e moito máis complicado, demostrando unha vez máis que a realidade moitas veces supera a ficción.

Ningún comentario:

Publicar un comentario