11 de dec. de 2014

CULTURA

O ESCRITOR FRANCISCO ÁLVAREZ - KOKI PRESENTOU NO PORRIÑO SEU LIBRO UN NENO NA EMIGRACIÓN

O alcalde de O Porriño presidiu o acto de presentación do libro Un neno na emigración do escritor Francisco Álvarez Álvarez (Koki) - segundo pola esquerda -, que tivo lugar no Centro Cultural Municipal de Porriño

Infogauda / O Porriño

 O pasado martes 9 de decembro, foi un día, culturalmente falando, movido, para o escritor de A Guarda Francisco Álvarez Álvarez (Koki), xa que as 11 da mañá presentou o libro para nenos Un neno na emigración no colexio Antonio Palacios de Torneiros, Porriño. 

Na imaxe, unha das aulas do colexio Antonio Palacios, onde Álvarez - Koki estivo co alumnado e logo da presentación do seu libro de contos para nenas/os, atendeu tódalas preguntas que o alumnado lle fixo.

 Álvarez - Koki comenzou a presentación, explicando os alumnos o contido do libro e tamén por que o escribiu. Logo os nenos foron lendo o libro nas distintas linguas en que está escrito: Galego, Castelán e Inglés. 

 Despois os nenos fixeron preguntas e terminou o escritor, asinando exemplares para o colexio. 

O escritor e poeta Francisco Álvarez - Koki, asinando exemplares do seu libro Un neno na emigración

 Pola tarde, no Centro Cultural Municipal de Porriño, Francisco Álvarez Koki, presentou Un neno na emigración da man do seu editor de Edicións do Cumio, Cándido Meixide. Falaría despois, o alcalde de O Porriño, Nelson Santos. A continuación Antonio Rodríguez, Secretario Xeral de Emigración, logo, Valentín Garcia, Secretario Xeral de Política Lingüística e terminou o acto de presentación Álvarez - Koki falando do seu libro. 

 Despois houbo a firma de exemplares. Compre salientar que a presentación de Un neno na emigración, asistiu unha ampla representación do pobo de O Porriño, así como compañeiros de Álvarez - Koki, nos eidos da Cultura e do Deporte do ciclismo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario