11 de dec. de 2014

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA ADVIRTE DA SITUACIÓN IRREGULAR DO APARELLADOR MUNICIPAL

Beatriz Estévez Álvarez
 Concelleira de Converxencia Galega

Infogauda / A Guarda

 A traverso de un escrito presentado no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, Converxencia Galega ven de faer unha advertencia o rexedor municipal e a secretaria do concello guardés, respectivamente, e por extensión a toda á Corporación Municipal, sobor da situación - que o devandito grupo municipal califica de irregular -, de un funcionario municipal. Os termos da referida comunicación son os seguintes:

INCOMPATIBILIDADE DE FUNCIONARIOS PÚBLICOS 

 A Lei 53/1984 (B.O.E. nº 4, de 4 de xaneiro 1985) no séu artigo 2 do Capítulo II –Ambito de Aplicación- sinala que a aplicación desta Lei, será tamén o Persoal o Servicio das Corporacións Locais.

 Asimesmo, dita Lei sinala que será o Pleno da Corporación quen deberá autorizar a COMPATIBILIDADE dos Funcionarios públicos con dedicación completa aos Concellos, para poder desenrrolar calquer outra actividade, tanto no sector público como no privado.

 Tendo en conta que da actual plantilla municipal, dende o inicio desta Lexislatura (2011-2015), non foi levado a Pleno ningunha solicitude de compatibilidade laboral, e tendo en conta que unha revisión de  diversas actas e de proxectos a desenrrolar no noso pobo, financiados pola Deputación Provincial, temos atopado varios que están elaborados polo Sr. Arquitecto Técnico Municipal D. Hermelindo Martínez González.

 Por todo o anterior, consideramos que estamos diante dunha situación irregular, xa que non estaba autorizado polo PLENO o referido empregado municipal, polo que solicitamos:

 A).- Informe Xurídico por parte do Departamento de Secretaría sobre a legalidade das actividades levadas a cabo por parte do Arquitecto Técnico Municipal.

 B).- Que en caso de que fora preciso obter autorización plenaria para desenrrolar estas actividades, se proceda de maneira cautelar a suspensión de emprego e soldo do Arquitecto Técnico Municipal, por estar desenrrolando actividades para as cales non dispoña de autorización plenaria.

A Guarda, a 05 de decembro do 2.014



Beatriz Estévez Álvarez
 Concelleira de Converxencia Galega



Sr. Alcalde-Presidente
Sra. Secretaria
Concello de A Guarda        

Ningún comentario:

Publicar un comentario