14 de set. de 2014

PONTEVEDRA

Balance-resume do impacto social e económico da Volta a España na provincia de Pontevedra



Deputación Provincial de Pontevedra

A Volta a España é un evento deportivo con notable impacto social, mediático e económico. O balance inicial da repercusión na provincia de Pontevedra das dúas etapas que acolleu é o seguinte:

Ocupación hoteleira  

A Caravana está formada por 2.600 persoas entre ciclistas, técnicos, condutores, organización e xornalistas acreditados-

A caravana ocupou 16 hoteis da provincia de Pontevedra perante dous días (16 hoteis cada día).

O número de camas ocupadas cada día foi de 2.600.

A caravana aloxouse en hoteis situados en Tui, Vigo, Mondariz, Cambados, Pontevedra, Silleda e Lalín. 

Impacto económico  

A Auditoría que realizou o estudo do impacto económico para Unipublic cifra en 600.000 € o impacto económico en cada cidade de final de etapa, e en 300.000 € o realizado en cada cidade de saída de etapa. 

No impacto directo inclúese o aloxamento, o combustible (15.000 € diarios en cada etapa dos 460 vehículos da caravana) e no indirecto conceptos como 2 horas de TVE-1 perante dúas horas en directo e outras tantas en diferido, 178 países que distribúen as imaxes a través de dereitos televisivos ou ben de compra de imaxes (resumes), repercusión en medios de prensa, radio ou redes sociais. 

Nas redes sociais, o ano pasado, a plataforma dixital da Volta a España xerou 5,5 millóns de visitantes únicos, 48.000 descargas, 52.000 seguidores en Facebook, 56.000 en Twitter e 270.000 vídeos vistos en Youtube. 

O balance das dúas etapas da Volta a España na provincia de Pontevedra superará _a falta do estudo definitivo final_ os 1,5 millóns € de facturación nos establecementos privados polos conceptos de manutención e aloxamento. 

Impacto social  

A audiencia de TVE-1 na etapa do xoves (A Estrada-Monte Castrove, en Meis) foi de 1,8 millóns de espectadores. 

A caravana da Volta estivo acompañada por 460 vehículos da organización, equipos, publicidade, Garda Civil, policía, trailers de montaxe e outros. 

As imaxes foron difundidas en 178 países a través de canais de televisión con dereitos e diferentes plataformas como Eurosport,etc. para Europa, América e África. En España, os dereitos tivoos TVE-1 (con retransmisión en directo perante 2 horas en cada etapa) e Teledeporte (en diferido), así como emisión de resumes de etapa por produtoras en diferentes televisións. 

O número de xornalistas acreditados para toda a Volta é de 360. En total (sumando os que se acreditan en ámbitos locais), 1.200. Nas dúas etapas da provincia de Pontevedra estiveron acreditados 410 en cada unha delas. 

O seguimento presencial da carreira en rúas e estradas da provincia de Pontevedra está pendente do correspondente informe da Policía Nacional.
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario