13 de set. de 2014

A GUARDA

A GUARDA UN FITO NO CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA OU MONACAL

A inoperatividade do ferry- boat "Santa Rita da Cássia" non impide a chegada de peregrinos


José Manuel Díaz Cobal / A Guarda

 Aleksandra Soltys. Esta simpática e culta polaca chegou dende Polonia ata Santarem (Portugal). Dende esta cidade continuou ata Fátima. Logo de subir ata Porto, enlaça co Caminho portugués da costa, e onte chegou a Caminha. Tomou o trem que vai a Vilanova de Cerveira e atravesou a Ponte d'Amizade que leva ata Goián (Galiza ), e dende esta parroquia tominhesa colheu rota a Vila d'A Guarda.

 Pernoctou no albergue de peregrinos e hoxe, despois de reponhe-las forças, ía cara Compostela pola costa suroccidental da Galiza (O Rosal, Oia, Baiona, Vigo e Redondela). 

Bo Caminho amighinha!! 

Albergue de Peregrinos d'A Guarda/Galiza.
Caminho Monacal. 13-09-2014.

Ningún comentario:

Publicar un comentario