15 de set. de 2014

ENOLOXÍA

A DEPUTACIÓN E A D.O. RÍAS BAIXAS CONVOCAN UN CONCURSO DE IDEAS PARA DESEÑAR UNHA NOMENCLATURA E IMAXE PARA COMERCIALIZAR OS VIÑOS ESCUMOSOS DA D.O.
A mediados de setembro de 2014, a colleita está a punto de comezar nestes viñedos de Tomiño, acollidos a D. O. Rías Baixas - Foto: Ricardo Rodríguez Vicente

Infogauda / Pontevedra

 A Deputación de Pontevedra e a D.O Rías Baixas veñen de convocar un concurso de ideas para deseñar unha nomenclatura e unha imaxe que identifique os viños escumosos da Denominación de Orixe de cara ásúa comercialización.
 O concurso é aberto ao público en xeral e cada candidato deberá presentar unha única proposta versátil con capacidade de adaptarse en diferentes formatos e espazos pois deberá convivir con outros logos e marcas da propia DO.
 O concurso está dotado cun único premio de 5.000 euros e os interesados disporán do prazo dun mes para presentar as súas propostas no Rexistro Xeral da Deputación. Un xurado formado por técnicos da Deputación e da Universidade de Vigo resolverá o concurso.
Características

 A convocatoria del xurde da necesidade de dispór dunha nomenclatura que simbolice a procedencia, os matices e o carácter das Rías Baixas de cara á comercialización dos viños escumosos desta D.O. Éstes poden ser blancos ou tintos, varietais ou plurivarietais e son elaborados exclusivamente a partir de variedades de uva autóctona e acabados por segunda fermentación en botella seguindo o método Champenoise.
 En función da súa composición e crianza, a descripción destes viños pode ser moi distinta, pero sempre destaca a súa cór amarela pálida con refrexos dourados ou vermellos con tons violáceos no caso dos tintos. Son viños limpos, brilantes, con burbulla fina e persistente. No olfato, predominan os aromas primarios (florais e fruteiros) e secundarios (panadería e tostados). No padal, resultan viños equilibrados, frescos e lixeiramente acedos. Son viños aptos para calquer momento do día, para consumir sós ou acompañados dun aperitivo ou comida.
Presencia e outros datos
 A D.O. Rías Baixas está presente en 30 dos 62 concellos da provincia e en 6 da subzona da Ribeira do Ulla, na provincia da Coruña. Factura anualmente 150 millóns de euros e da ocupación fixa a 7.000 familias e temporal a outras 5.000.
 A Deputación a D.O. veñen desenvolvendo distintas colaboracións para potenciar un sector estratéxico para a provincia. Entre elas, e entre outras, destacan o plan de  promoción e actividades, a Ruta do Viñoou a próxima celebración dun Foro para debatir cuestións e estratexias fundamentais para o sector do viño albariño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario