15 de set. de 2014

TOMIÑO

CULTURA

O CONCELLO DE TOMIÑO HOMENAXEOU A TRES ESCULTORES

Sandra González, alcaldesa de Tomiño, xunto os escultores homenaxeados: Magín Xulio Picallo, Xosé Antúnez Pousa e Xuxo Vázquez - Fotos: Andrea Pousa Barros

    Andrea Pousa Barros / Tomiño

 Dentro do marco das festas do Alivio 2014, o Concello de Tomiño celebrou este 14 de setembro,  o acto de homenaxe a seus tres escultores de máis relevancia no mundo do arte - Xuxo Vázquez, Antúnez Pousa e Magín Picallo -, quen foron nomeados Tomiñeses distinguidos. 

 Numerosas persoas, entre as que había autoridades locais, presidente da Câmara de Vila Nova de Cerveira, membros da Comisión de Festas do Alivio, amigos escultores e pintores, veciños, familiares e amigos, e antigos homenaxeados, déronse cita neste acto cívico que nos últimos anos se ven realizando no concello de Tomiño con motivo das festas patronais, no que se distingue e recoñece a traxectoria profesional ou persoal dun veciño.  Este ano o recoñecemento é para o mundo do Arte, é o concello elexiu a Xuxo Vázquez, Antúnez Pousa e Magín Picallo. 

 O primeiro en intervir foi Picallo, quen mui emocionado fixo un breve repaso de como un trozo de pedra remata en escultura, pero aclarou que para eso é preciso ter sensibilidade e inspiración, e ésta ven dada do día a día, codo a codo co vivir cotián,...

 Deseguido foi o turno de Antúnez,  quen agradeceu este recoñecemento e manifestou o seu agrado, e por último Xuxo Vázquez, quen aparte de agradecer o recoñecemento, deu grazas o pobo de Tomiño, por haber acollido tan ben, e faer que se sentira tan a gusto nesta vila tomiñesa. 

 A Banda de Música da Agrupación Musical de Goián támen estuvo presente, amenizando cada intre con varias pezas. 


 A continuación a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, interviu para agradecer os homenaxeados a súa traxectoria artística de mais de 30 anos e recoñecer que esta homenaxe é unha débeda que o concello sentía hacia eles.  A alcaldesa fíxolles entrega dunhas obras realizadas polo escultor goianés Carlos Fernández. 

 O acto - que foi presentado polo actor Suso Pando -, rematou cun sonoro aprauso e as felicitacións e parabens dos alí presentes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario