O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a
distribución das achegas entre os diferentes pósitos
AS 21 CONFRARÍAS DA PROVINCIA DESTINARÁN OS 484.000 EUROS CONCEDIDOS POLA
DEPUTACIÓN Á ADQUISICIÓN DE SEMENTE DE BIVALVOS E DE EQUIPAMENTO PARA AS LONXAS
·
Os 8 pósitos de Arousa percibirán preto de 200.000 euros
·
As confrarías de O Morrazo ingresarán máis de 110.000
euros
Os 21 pósitos da provincia integrados na Federación
Provincial de Confrarías destinarán os 484.000 euros concedidos pola Deputación
de Pontevedra á adquisición de semente de bivalvos para a rexeneración dos
bancos marisqueiros e á mellora do equipamento das lonxas, segundo se desprende
da distribución das achegas publicada esta mañá no Boletín Oficial da
Provincia.
Desta forma, as confrarías da provincia buscan cumprir
con dous obxectivos que xa se marcaran como prioritarios na reunión que no seu
día mantiveron na sede da Deputación co titular desta Administración, Rafael
Louzán, e coa conselleira do Mar, Rosa Quintana.
Trátase de incrementar a produción e de mellorar a
comercialización dos produtos dun sector cun importante peso económico na
provincia de Pontevedra e do que dependen miles de familias.
193.000 euros
para as 8 confrarías de Arousa
A comarca de Arousa, co maior número de confrarías da
provincia, percibirá un total de 192.970,31 euros, que se distribuirán entre os
8 pósitos da comarca.
Así, as confrarías de pescadores San Antonio de Cambados, Santiago
Apóstolo de Carril, San Xulián de
A Illa de Arousa e San Martiño de O
Grove recibirán cada unha delas un total de 28.470,87 euros que destinarán
tanto á adquisición de semente de bivalvos (todas menos a de Carril) como de
diferente material e equipamento para as lonxas, como poden ser máquinas de
frío, caixas, básculas ou máquinas de etiquetaxe, entre outras.
Pola súa banda, as dúas confrarías de Sanxenxo, San Roque de Portonovo e Santa Rosalía de Sanxenxo, investirá
25.307,97 euros e 6.325,82 euros respectivamente en accións encamiñadas á
mellora da comercialización por medio da adquisición de equipamento para a
lonxa.
Á mesma finalidade destinarase parte dos 22.145,07 euros
que recibirá Virxe do Rosario, de Vilaxoán, que tamén investirá parte da achega
na rexeneración dos seus bancos marisqueiros. Finalmente, a confraría La Pastoriza de Vilanova de Arousa
destinará os 25.307,97 euros concedidos á adquisición de semente.
As 5
confrarías do Morrazo percibirán 110.000 euros
A comarca do Morrazo é a segunda con maior presenza de
confrarías, que recibirán un total de 110.715,79 euros. A confraría San
Cipriano de Aldán recibirá 15.814,49 euros para melloras na comercialización,
mentres que a tamén canguesa Confraría San
José percibirá 28.470,87 euros para melloras na comercialización e para a
rexeneración dos bancos marisqueiros.
En Bueu, a Confraría San Martín disporá de 25.307,97
euros para melloras na comercialización, que é a mesma finalidade á que
destinará 15.814,49 euros Santa María del
Puerto de Marín.
Finalmente, a Confraría de Pescadores San Martín de Moaña
recibirá 25.307,97 euros para a mellora da comercialización e para a
adquisición de semente.
Pósitos de
Pontevedra, Poio e Soutomaior
En Pontevedra, as confrarías San Andrés de Lourizán e San Telmo contarán cunha achega de 25.307,97 euros e 28.470,87 euros
respectivamente, destinados a equipamento de lonxas no primeiro caso e á
rexeneración de bancos marisqueiros no segundo.
Pola súa banda, ao pósito San Gregorio de Raxó, en Poio,
correspóndenlle 15.814,49 euros para melloras na comercialización; mentres que
Virxe do Carme de Arcade, en Soutomaior, investirá nesas melloras pero tamén na
adquisición de sementes os 22.145,07 euros que lle foron concedidos.
Redondela,
Vigo, Baiona e A Guarda
Finalmente, as confrarías de Redondela, Baiona, A Guarda
e Vigo destinarán integramente as achegas da Deputación (de 25.307,97 euros nos
dous primeiros casos, de 22.145,07 en A Guarda e de 15.814 euros na da cidade
olívica) a melloras na comercialización dos seus produtos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario