TRIBUNA ABERTA
Moisés Rodríguez, alcalde, deputado e mártir das preferentes
AFECTADOS CAIXANOVA / Baixo Miño
Os afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño non dan creto, e esixen unha desculpa do rexedor tras as últimas declaracións do Alcalde de Tui no tocante de que o momento máis duro da súa vida política, foi a estafa das preferentes, e que cada quen debe de ser responsable das súas accións.
En primeiro lugar, máis de 35.000 galegas e galegos a día de hoxe non recuperaron o 100% dos seus aforros, o conflicto das preferentes aínda non está rematado porque o Partido Popular ao que el pertence, segue a impedir unha solución para os milleiros de estafados votando a favor da quita en Madrid.
Por se fose pouco, é o mesmo Patido Popular o que está a reprimir e criminalizar aos afectados por sair a rúa para reclamar o seu dereito de recuperar a totalidade dos seus aforros.
É máis, con que capacidade moral e ética se atopa o alcalde dun Concello imputado para opinar sobre unhas sancións impostas de xeito irregular e vulnerando a presunción de inocencia aos cales a xustiza hai tempo que lle está a dar a razón aos afectados?
Hai que ter moito valor para insinuar que persoas xubiladas de avanzada idade non teñen máis que facer que saír a rúa para delinquir.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario