28 de abr. de 2014

MOVEMENTOS SOCIAIS

O Partido Popular reprime e criminaliza ás víctimas da estafa das preferentes

A Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño convoca á cidadanía a asistir este martes 29 de abril, ás 09:30 horas, o Xulgado de Paz de Baiona


  Dende a plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño informamos de que coa finalidade de amedrentar ao colectivo, unha vez máis o Partido Popular reprime e criminaliza ás víctimas da estafa das preferentes.  

  Esta vez é o alcalde de Gondomar, do Partido Popular quen denuncia a Xulio Vicente, mais poderán roubarnos, poderán sancionarnos, pero non nos van sacar da rúa, porque non imos parar até os aforros recuperar! 

  Acode ao xuízo de Xulio Vicente, ven dar a cara polos preferentistas! Martes 29 de abril, ás 09:30 no Xulgado de Paz de Baiona.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario