28 de abr. de 2014

O ROSAL

O BNG do Rosal organiza unha charla informativa sobre o negocio do sector eléctrico coa factura da luz


Infogauda / O Rosal

  O Bloque Nacionalista Galego organiza unha charla informativa sobre “O negocio das eléctricas coa factura da luz” para explicar a necesidade dunha tarifa propia en Galiza. O acto, aberto ao público, será este martes 29 de abril ás 20:30 horas no centro polivalente do Rosal e intervirán o concelleiro Alberte Alonso e a deputada do Parlamento Galego, Carme Adán.


 Na charla explicarase tamén que Galiza é excedentaria na produción de electricidade e padece os custos sociais e ambientais coa explotación dos nosos recursos naturais, sen obter ningún beneficio desta condición. Por este motivo, o BNG demanda unha tarifa eléctrica propia, cunha redución do prezo da electricidade, tanto para beneficiar os fogares como as empresas e industrias do país, para poderen manter a súa actividade ante os elevados custes enerxéticos.

  Con este acto, o BNG do Rosal tamén quere reprobar o escurantismo dos recibos da luz, as subas constantes e desproporcionadas do prezo da enerxía, o espolio dos recursos naturais de Galiza e a tributación en Madrid por parte das empresas que se aproveitan dos nosos recursos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario