27 de abr. de 2014

ARBO

ANA MIRANDA APOIA EN ARBO ÁS VECIÑAS E VECIÑOS DE GALIZA E PORTUGAL QUE QUEREN UN CAMBIO DE TRAZADO NUNHA LIÑA ELÉCTRICA DE ALTA TENSIÓN


A candidata nacionalista acudiu á manifestación organizada no Baixo Miño por asociacións de afectados dos dous países acompañada pola eurodeputada do Bloco de Esquerda portugués Marisa Matias.

O BNG presentou unha iniciativa no Parlamento Europeo solicitando unha modificación do trazado previsto para que non afecte ás vivendas das parroquias de Sela e Barcela.

Infogauda / Arbo
 A cabeza de lista do BNG ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, apoiou esta tarde en Arbo ás veciñas e veciños afectados polo trazado da liña eléctrica de alta tensión prevista entre Fontefría ata Portugal. A candidata nacionalista acudiu á manifestación internacional convocada por colectivos de afectados dos dous países contra o trazado desta liña eléctrica,
Ana Miranda acudiu xunto á eurodeputada do Bloco de Esquerda portugués Marisa Matías, con quen a Miranda presentou unha iniciativa conxunta no Parlamento Europeo para tentar modificar o trazado desta liña de alta tensión que pretende construir Red Eléctrica Española e que afectará a zonas poboadas de dúas parroquias arbenses: a de Sela e a de Barcela.
Na iniciativa presentada polo BNG Ana Miranda alerta á Comisión Europea de que se están usando fondos de cohesión para esta infraestrutura, que vai afectar gravemente a un espazo incluído na Rede Natura. Por iso, a eurodeputada nacionalista esixe que se cambie o trazado para que non afecte a vivendas nin a este espazo natural do Baixo Miño, declarado Lugar de Interese Comunitario (LIC).
A manifestación internacional partiu da rotonda de San Benito de Arbo cara a ponte internacional, onde se encontrou cos veciños portugueses, que fixeron o percorrido dende Melgaço cara a Galiza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario