27 de abr. de 2014

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA ADVIRTE DO ESTADO RUINOSO DO ANTIGO COLEXIO DE “SAN XOSÉ”

Vista parcial da cuberta do antigo colexio San Xosé
Foto: Converxencia Galega

  Dende fai  anos vimos ollando como avanza o estado de abandono e   deterioro de moitos edificios da Guarda; non sabemos se por causa da crisis, ou pola deixadez premeditada dos seus propietarios vemos como o estado de degradación desas edificacións chega ata o estado de ser ruina.

 Dende Converxencia Galega xa tiñamos denunciado o estado de ruina de varios edificios en diferentes zonas da Guarda, como algún sito na rúa Vicente Sobrino, Brasilino Álvarez,..., así como tamén, algúns emblemáticos de diseño indiano e otros, como este centro educativo, que forman parte da historia de A Guarda.

  Namentras dende o Equipo de Goberno do PSOE co Sr. Freitas a cabeza, aparecen nos medios de comunicación e “invirten cartos públicos” en publicidade sobre rutas de vivendas indianas, se amosan indiferentes e ca súa pasividade non toman ningún tipo de medida, permitindo que moitas delas se degraden de tal maneira que sexan “candidatas” a ser declaradas en estado ruinoso e poidan ser derrubadas sen máis.

   E bó recordar que non fai moitos meses de maneira “sorprendente” unha delas que estaba deshabitada “ardeu” e estivo a punto de provocar unha desgracia. O séu estado está a vista para todos/as que pasan pola Rúa Galicia fronte a prazoleta da entrada no Coruto Vello. 

  Nesta imaxe apréciase o estado en que se atopa outra das cubertas do antigo colexio
                                  Foto: Converxencia Galega

  Agora, non só é a fachada do ex-colexio, senón a integridade do mesmo que corre perigo de virse a baixo. Os/as guardeses/as viñamos observando o deterioro do antigo colexio de “San Xosé” que foi das  HH. Carmelitas; pero durante os temporais deste inverno, o deterioro foi máis evidente, e os destrozos xa comenzan a amenaza-la integridade estructural do edificio, o cal podería ter derrumbes internos; coa posibilidade de ter un derribo ou caida de elementos hacia o exterior, que neste caso é unha das rúas principais.

  Dende Converxencia Galega, non entendemos como un edificio tan emblemático por ser parte da historia da Guarda, que figura entre os bens a protexer,... dende o goberno municpal coa súa pasividade e inoperancia, faga que o estado de abandono medre neste edificio; así como noutros.

  Diante desta situación, vimos a solicitar do goberno municipal, na persona do Sr. Alcalde e Concelleiro de Urbanismo, para que se dé inicio de maneira urxente a tomar tódolas medidas necesarias para protexer estas instalacións, xa que de deixar avanzar o deterioro do mesmo, en pouco tempo, provocaremos que desapareza un dos símbolos locais, que forma parte da nosa historia.

A Guarda a 24 de Abril  de 2.014
  

  Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega


Sr. Alcalde e Concelleiro de Urbanismo do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario