O PLENO DO
CONSORCIO PROVINCIAL DE BOMBEIROS APROBA O SEU PRIMEIRO ORZAMENTO DESDE A
ADXUDICACIÓN DA NOVA XESTIÓN, DOTADO CON 3,1 MILLÓNS DE EUROS
O orzamento do servizo, que é financiado integramente por Xunta e Deputación ao 50%, supón un notable aforro con respecto a 2013
·
O Consorcio da cobertura en materia de incendios e emerxencias a entre un
60 e un 70% da poboación da provincia
·
Rueda valorou a cooperación entre administracións asegurando que “de non
facer cada un a guerra pola súa conta, saen eses aforros e unha cobertura
absolutamente profesional”
O
presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso
Rueda, participaron hoxe no pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros de
Pontevedra, no que se aprobou o primeiro orzamento para unha anualidade
completa tras a entrada en vigor da nova xestión do consorcio, en mans da
empresa Matinsa.
Louzán
e Rueda destacaron o “notable aforro” que supuxo esta nova xestión, que pode
situarse no entorno do millón de euros. O orzamento do consorcio para 2014 ascende
a 3.144.000 euros, financiado integramente por Xunta e Deputación ao 50%.
Tanto
o presidente da Deputación como o vicepresidente da Xunta incidiron na
importancia deste servizo, que dá cobertura a entre o 60 e o 70% da poboación
da provincia (exceptuando os municipios de Vigo e Pontevedra que contan co seu
propio parque), e no que traballan preto de 100 persoas.
Louzán
subliñou que Deputación e Xunta “seguimos a traballar para dar cobertura ao 100%
da poboación” e lembrou que aos concellos que se atopan a máis de 20 minutos
dos parques de bombeiros teñen cobertura de emerxencias a través dos GES “co
que a provincia de Pontevedra a día de hoxe conta cunha garantía de cobertura
na práctica totalidade do seu territorio”.
Evolución
Neste
sentido, Rueda fixo fincapé no notable avance que en materia de emerxencias e
protección contra incendios se ten dado nos últimos anos en Galicia, dado que
“no ano 99 había en toda Galicia 7 parques de bombeiros (1 en cada cidade) e o
resto da poboación tiña que, nunha situación de emerxencia, arreglarse como
podía”.
“Hoxe
–asegurou- afortunadamente esa situación cambiou radicalmente e hai 25 novos
parques en toda Galicia, 5 deles en Pontevedra”.
Rueda
valorou tamén os resultados da colaboración entre administracións e, neste
caso, entre Xunta e Deputación, para dar solución a un problema como o da
atención en emerxencias. Así, asegurou que “reunímonos, planificamos e
coordinamos esforzos para manter entre todos un servizo custoso pero necesario,
e desa coordinación, de non facer cada un a guerra pola súa conta, saen eses
aforros e unha cobertura absolutamente profesional nun servizo moi necesario e
do que non se dispoñía hai 14 anos”.
Parques
O
Consorcio Provincial de Bombeiros integra os parques comarcais de Bueu, O
Porriño, Ribadumia e Vilagarcía, aos que hai que sumar o de Deza-Tabeirós.
Neles
prestan servizo preto de 100 bombeiros profesionais que atenden unha media de
1.000 incidencias anuais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario