22 de out. de 2013

VAL MIÑOR

Posted: 21 Oct 2013 02:32 PM PDT
 O Partido Socialista de Nigrán presentará  unha moción ao Pleno ordinario do mes de outubro para que a corporación de Nigrán transmita ao Goberno de España “a inxustiza que se está a cometer cos emigrantes, moitos no Val Miñor e en Nigrán”. Na mesma solicitan que sexan eximidos das sancións que están a impor dende o goberno do estado “cun único afán recaudatorio”.
 
Obradoiro para a realización de currículums en Gondomar
Posted: 21 Oct 2013 01:35 PM PDT
O vindeiro xoves 23 de outubro terá lugar un obradoiro para a confección de currículums e destrezas para a pescuda de emprego por internet, no Centro Neural de Gondomar. O taller dará comezo ás 16 horas, a cargo de Nicolás Perdomo.
 
Posted: 21 Oct 2013 01:30 PM PDT
O Instituto de Estudos Miñoranos xunto coa sumiller Marina Cruces García desenvolverán dúas xornadas de catas de viños na Aula de Cultura Ponte de Rosa. Co título "O viño na copa", o evento congregará a 16 participantes que en dúas xornadas, os días martes 22 e mércores 23 de 20 a 22 horas, achegaranse ao segredos dos aromas, texturas e demais compoñentes nas variedades tinto e blanco.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario