14 de set. de 2013

PONTEVEDRA


O II CURSO DE ACTUALIDADE XURÍDICA  INICIARÁSE O VINDEIRO LUNS 16 ABORDANDO A CONTRATACIÓN PÚBLICA LOCAL
·        O curso, cunha duración de 28 horas, contará coa participación de 120 persoas
·        Está destinado ás administración públicas e nel se analizará o réxime xurídico de contratación

A Deputación de Pontevedra xunto COSITAL (Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración local de Pontevedra) inaugurarán o “II Curso De Actualidade Xurídica De Réxime Local. A Contratación Pública Local” o vindeiro luns 16 de setembro. O curso desenvolverase durante 4 xornadas, ata o xoves 19, en horario de 9.30 a 14.30 e 16.30 a 20.30.
Cunha duración de 28 horas e 120 prazas cubertas, versará sobre a contratación e reforma da administración local. Se trata dun curso para as administración públicas, entre elas a local, no que se analizará o réxime xurídico da contratación pública así como características da nova regulación para a súa aplicación nestas entidades.
O programa conta coa participación de conferenciantes expertos na temática a abordar e a problemática actual:

·        Luns 16, “As futuras directivas de contratación pública. Principais características da nova regulación”; “As cláusulas sociais e medioambientais na contratación pública”; e “A contratación electrónica”.

·   Martes 17, “Criterios de adxudicación, selección, melloras e motivación das resolucións de adxudicación na xurisprudencia e na doutrina administrativa”; “Contratos patrimoniais e outros negocios xurídicos sobre bens inmobles das entidades locais”; “A última xurisprudencia sobre a contratación pública”; “O pago do prezo da administración”.

     Mércores 18, “A racionalización dos contratos: especial referencia á central de compras e aos contratos marco”; “As relacións entre poderes adxudicadores e a contratación pública”; “Recurso especial en materia de contratación”, “os contratos relativos aos servizos enerxéticos”.

·        Xoves 19, “Modificados dos contratos: especial referencia ás vías de impugnación”; e mesa redonda “Os novos retos da contratación pública”. Nesta xornada os participantes realizarán unha proba de avaliación para obter o certificado do curso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario