1 de xul. de 2013

VAL MIÑOR

SEGURIDADE VIAL

VOLUNTARIOS DA ASOCIACIÓN STOP ACCIDENTES DESENVOLVERON NA MAÑÁ DE ONTE, TAREFAS DE INFORMACIÓN E PREVENCIÓN DE SINISTROS NAS ESTRADAS

Carmen Pérez Alonso (a dereita) e Antonio José Uris Alonso, o escomenzo da súa labor


Colaboradores da Asociación STOP ACCIDENTES estiveron na mañá do domingo día 30 de xuño, na Estación de Servicio Monte Real, de Baiona (Pontevedra), desenvolvendo unha labor de prevención de accidentes na estrada, contactando persoalmente con  máis de 200 conductores os cales lles transmitiron, en síntese, á seguinte mensaxe: Unha actitude responsabel no tráfego, permitiranos a todos os que compartimos á estrada, ir de vacacións, voltar e viver.
Os voluntarios de Stop Accidentes agradecen á boa acollida dos conductores a esta nova campaña, así como á dirección e personal da Estación de Servicio Monte Real, de Baiona pola súa atención e colaboura.

                           

Ningún comentario:

Publicar un comentario