9 de xul. de 2013

BAIXO MIÑO

AFECTADOS POLAS ESTAFAS BANCARIAS SOLICITAN QUE OS PLENOS DOS CONCELLOS DE A GUARDA E DE TOMIÑO SE POSICIONEN RESPECTO DA SÚA PROBLEMÁTICA

Imaxe que ofrecían este martes, os salóns de sesións dos Concellos  de A Guarda e de Tomiño - Fotos: Yoli Ví
      
Infogauda / Baixo Miño

Decepción é a verba que resume a xornada de hoxe, vivida nos salóns de sesións dos concellos de A Guarda e de Tomiño, onde unha representación de afectados polas estafas bancarias - e a súa vez polas multas recibidas da Subdelegación de Goberno -, pediulles os concelleiros que adoitasen un posicionamento respecto a problemática que a día de hoxe, aínda afecta a varias decenas de familias dos diferentes concellos da bisbarra do Baixo Miño.
En decraracións a este xornal dixital, unha das afectadas dixo: "Na Guarda pedímoslles que se posicionasen e respostaron co silenzo".
Polo que respecta a Corporación Municipal de Tomiño "van solicitar por unanimidade que nos retiren ás multas e que deixen de presionarnos (...)".
Ainda que a primeira vista podería interpretarse un maior grao de compromiso por parte dos concelleiros tomiñeses, á lectura que fan algunhas persoas consultadas por Infogauda é de "indignación e cabreo dos afectados. O BNG dixo unha vez máis estar do noso lado, pero xa non chega".
En Tomiño reflectiuse tamén "á crispación do grupo municipal do PP, e finalmente pospuxeron dous puntos da orde do día, para outra data".                  

Ningún comentario:

Publicar un comentario