10 de xul. de 2013

A GUARDA

DEPORTES

Dúas xogadoras do Atlético Guardés Infantil Feminino están participando coa Selección Galega o XX Torneo Nacional Infantil de Balonmán de Cangas de Narcea (Asturias)

                                          Marta Pombal Martínez e Sara Alonso Barbosa
                                  
Informa (fotografía e texto): Manuel Ángel Pombal Diego / A Guarda

Despois da excelente tempada do equipo infantil feminino do Atlético Guardés que acadou o Campionato Galego da División de Honra, as xogadoras Sara Alonso Barbosa (O Rosal) e Marta Pombal Martínez (Oia) foron seleccionadas para participar coa selección galega da súa categoría no XX Torneo Nacional Infantil de Seleccións Autonómicas de Balonmán (XIV Memorial Juan José Arribas), que se celebra do 10 ao 14 de Xullo na localidade asturiana de Cangas del Narcea. 
Outra xogadora do Atlético Guardés, Lara Silva Pérez (A Guarda), que tamén estivo adestrando coa citada selección ata hai tres semanas, non puido finalmente participar no torneo por unha lesión de xeonllo; aínda así, tamén se desprazou a Asturias para animar as súas compañeiras.
Este ano, no torneo participan 9 seleccións infantís femininas (3 máis que o ano pasado; Asturias, Canarias, Cantabria, Castilla La Mancha, Euskadi, Extremadura, Galicia, La Rioja e Madrid) e outras tantas masculinas. Os equipos foron encadrados en dous grupos e a Galicia tocoulle estar no grupo de cinco seleccións xunto con Canarias, Castilla La Mancha, La Rioja e Madrid, polo que terán que xogar 4 partidos en tres días. Un hoxe mércores, dous o xoves e outro o venres. 
O sábado xogaranse os cruces, mentres que o domingo se xogarán os partidos que darán os postos definitivos da clasificación final. Como este ano non se celebrou o Campionato de España, o equipo que gañe o torneo será o virtual campión nacional, polo que aínda e maior a expectación e o interese en gañar este xa de por sí prestixioso torneo.
A relación completa das 14 xogadoras seleccionadas é a seguinte:
Atl. Bueu: Ana Piñeiro Santaclara.
SD. Carballal: Paula Barciela Álvarez e Xiana Fernández.
Atl. Guardés: Sara Alonso Barbosa e Marta Pombal Martínez.
UB. Lavadores: Xulia Pereira Martínez, Uxía López González, e Ainhoa da Rocha Duarte, e Daniela Carranza Robles.
Seis do Nadal: Anabel Gil González e Carmen Prelchi Gallego.
BM. Cangas: Laura Álvarez Priego.
BM. Lalín: Elvira Fe Nercellas Rodríguez.
BM. Chapela: Carmen Pereira Millos.

O equipo técnico que acompaña á selección está formado por: Emilio Barciela Iglesias (Adestrador), Jennifer Alonso Cerqueira (Axudante), e Rubén Porto Douro (Masaxista).

Ningún comentario:

Publicar un comentario