29 de xuño de 2013

TUI

O BNG en Tui pide que se depuren responsabilidades pola actuación da Policía Local contra as persoas afectadas polas preferentes e subordinadas

BNG / Tui

O BNG pide que se depuren responsabilidades pola actuación da Policía Local de Tui contra as persoas afectadas polas preferentes e subordinadas. O Bloque Nacionalista Galego de Tui considera imprescindíbel que se leve a cabo unha investigación sobre a actuación da Policía Local contra as persoas afectadas pola estafa bancaria e se depuren as responsabilidades pertinentes.
Para o Bloque Nacionalista Galego resulta preocupante a crecente frecuencia con que se producen incidentes violentos protagonizados pola Policía Local de Tui nas protestas da Plataforma de Afectados.
A propia Plataforma ven denunciando dende hai tempo a actuación Policial nas protestas realizadas en Tui, nas que a Policía Local mesmo tentou amedrentar a anciáns e discapacitados ameazándoos coas porras.
Os incidentes producidos o pasado 25 de xuño ás portas do Xulgado de Tui veñen  a confirmar a desproporcionalidade da actuación da Policía Local. O feito de que un afectado tivese que  ser trasladado ao Centro de Saúde tras a intervención policial, fai necesario que se investiguen as circunstancias da actuación policial e se depuren as responsabilidades existentes en caso de sobreactuación dos axentes implicados.
O Alcalde de Tui, como responsábel da policía municipal debe aclarar se ampara e avala os métodos empregados polos axentes locais,  que van desde as  identificacións indiscriminadas nas protestas,  até ameazas directas, con porras na man,  aos veciños e veciñas que están a simplesmente a reclamar o que lles roubaron. Os propios medios de comunicación recollen a un dos axentes da Policia Local, dirixindo un bico ás persoas concentradas ante os xulgados, nun xesto  claramente provocativo,   
Para o BNG resulta indignante que as vítimas desta estafa teñan que verse, non só sentadas no banco dos acusados polas denuncias da propia policía local do seu concello, se non ademais seren tratadas a empuxóns, como perigosos delincuentes,  polas forzas de orde ao mando do Alcalde de Tui.

Ningún comentario:

Publicar un comentario