29 de xuño de 2013

O ROSAL

O BNG do Rosal recolleu preto de 400 sinaturas a favor da modificación das bandas transversais da estrada Tabagón – As Eiras

l  Non entendo a cerrazón do ente provincial a modificar algo que todo o mundo entende de sentido común” di Alberte Alonso Pereira.

Alberte Alonso Pereira Responsábel Local e Voceiro do Grupo Municipal do BNG

Infogauda / O Rosal

O BNG recolleu preto de 400 sinaturas a favor da modificación das bandas transversais da estrada Tabagón – As Eiras, co fin de adaptalas a normativa en vigor e que sexan menos agresivas.

A proposta dos nacionalistas, fora aprobada no pasado pleno de 3 de decembro de 2012, por unanimidade. Na mesma, solicitábase a adaptación das citadas bandas á Instrución Técnica para a instalación de redutores de velocidade. Posteriormente, a Deputación provincial de Pontevedra, rexeitou modificalas, alegando o ente provincial ten os seus propios criterios.

Segundo indica o voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira, coa campaña de recollida de sinaturas, o que se pon de manifesto é que o proposto no seu día polo seu grupo, non é un capricho, senón unha demanda cidadán, como o demostran as preto de 400 sinaturas que apoian a súa solicitude.


Non entendo a cerrazón do ente provincial a modificar algo que todo o mundo entende de sentido común”, concluiu Alonso Pereira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario