“Non queremos unha Galicia á nosa medida, senón un partido á medida de Galicia”
Rafael Louzán inicia un novo mandato cunha firme aposta pola política de proximidade e o reforzo do municipalismo
·
Destaca
a unidade como gran patrimonio do PP, porque “para tirar cada un para un lado
xa temos a outros partidos”
·
Criticou a dobre moral de socialistas e nacionalistas que criticaban a
moción de Silleda e agora xuntan en Ponteareas “extrema dereita e extrema
esquerda” para botar do goberno á lista máis votada
·
Amosou a súa solidariedade cos afectados polas preferentes, aos que
asegurou que só teñen un aliado: o PP
Infogauda / Silleda
Cunha aposta pola política de proximidade inicia
Rafael Louzán o seu quinto mandato ao fronte do Partido Popular provincial de
Pontevedra, despois de ser reelixido co 97,1 % dos votos no XVI Congreso
Provincial celebrado esta mañá en Silleda.
Louzán centrou a súa intervención na unidade e a cohesión
do Partido Popular e na súa clara vocación municipalista que, tal e como subliñou,
cobra un especial significado en momentos coma o actual, cando os alcaldes e
alcaldesas están vivindo un dos peores momentos, non só por ter que facer
fronte cada día a máis demandas con menos recursos, senón porque son tamén “o
branco fácil” para os axitadores e manipuladores.
Neste sentido, o reelixido presidente provincial quixo
enviar unha mensaxe de apoio e de ánimo a todos, asegurando que a súa labor
“merece o maior dos respectos”. “É hora de darvos as gracias, dixo, por estar
sempre aí e por estar dando a cara en todo momento”.
Louzán lembrou que só o PP está centrado en resolver os
problemas da xente, e faino desde a unidade e a cohesión, porque “para tirar
cada un para un lado xa temos a outros partidos. Nós temos que ser o que somos:
un partido unido e cohesionado, porque cando hai unidade hai tempo para
resolver os problemas da xente”.
No polo oposto situou aos socialistas e nacionalistas,
perdidos uns en looitas internas e en tratar de “botar a Paschi Vázquez, que
non se vai nin con auga quente”; e outros en “soberanismos e independentismos”
que os galegos non reclaman.
Porque o que toca agora, salientou é atender aos
problemas da xente. Pero “mentres o PP traballa para que os problemas non leven
por diante ao país, socialistas e nacionalistas traballan para levar por diante
ao PP aínda que se teñan que cargar o país e as súas institucións”.
Dúas formas de facer política
Así, incidiu en que en Galicia e en España hai dúas
formas de ser político e dúas formas de estar en política: a do Partido Popular,
onde “nos gusta darlle ao país o que precisa e non o que nos convén, tomar
decisións adaptadas á realidade e non adaptar a realidade á nosa conveniencia”
e que non quere “unha Galicia á nosa medida, senón un partido á medida de
Galicia e da súa xente”, e a das grandes farsas do PSOE. Dos que din “que son o
progreso e son os maiores xeradores de paro da historia deste país; falan de
igualdade e fan unha moción de censura en Ponferrada cun condenado por acoso
sexual; agora esixen que pague máis quen máis ten, e son os mesmos que no
goberno socialista de Zapatero eliminaron o imposto do patrimonio”.
Nesta liña, aproveitou a celebración do Congreso en
Silleda para lembrou a dobre moral do PSOE, que cando se produciu a moción de
censura nese concello, aseguraba que “o que o pobo pon só o pobo o quita” e só
dous anos e nedio máis trata de pactar en Ponteareas para quitarlle o goberno
ao partido que contou co apoio maioritario dos veciños.
A voz dos
feitos
Finalmente, e despois de agradecer a toda a militancia,
“aos máis de 34.000 afiliados que conforman esta gran familia”, a confianza no
partido, -nha confianza, dixo, que ven dos feitos e que é a que fai que sexa o
PP e non outros o que gañe as eleccións-, Louzán comprometeu o seu traballo e o
de toda a nova cúpula directiva para “non defraudarvos nunca”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario