26 de xan. de 2013

O ROSAL

O CONCELLO DO ROSAL QUÉDANSE SEN PRESUPOSTOS POLA FALLA DE COMPROMISO DO ALCALDE COS AFECTADOS  DE PREFERENTES E SUBORDINADAS


Os afectados polas estafas bancarias colocaron unha pancarta na fachada principal do concello de Rosal, demandándolle ó alcalde, solución á problemática que lles afecta, ou que dimita. Fotografía: Ana Belen Álvarez Cerqueira

Plataforma Baixo Miño de Afectados polas Preferentes e Subordinadas

Hoxe, sábado día 26, os afectados polas preferentes e subordinadas impediron que se celebrase o pleno ordinario convocado para asinar os presupostos.
Chegouse até este punto porque o rexedor do Concello do Rosal segue sen comprometerse cos afectados do Baixo Miño.
A plataforma fai saber que, no momento que o alcalde asine un compromiso público de que os afectados van a recuperar a totalidade  dos seus aforros, e de non ser así, pon o seu cargo a dispor, volveránse a celebrar plenos neste concello. Namentras seguiremos facendo presión até acadar una solución política.
Lembramos que continuamos cos peches no Concello do Rosal, e, de Tui. Pois, seguimos sen ver resultados nen compromisos. Na plataforma hai afectados que están no paro, con hipotecas, sen recursos para chegar a fin de mes, e que non poden recuperar os seus aforros secuestrados en preferentes e subordinadas, e, que agora máis ca nunca precisan deles, e cada vez a súa situación é máis  precaria, polo que é entendible de que a presión vaia en aumento.
Dende o Baixo Miño, facemos un chamamento á sociedade para que, o día dous de febreiro se solidarice con nos, e nos acompañe na manifestación que imos levar a cabo en Compostela na que imos pedir a devolución dos aforros da Galiza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario