15 de dec. de 2012
OS VOSOS VÍDEOS
VÍDEO FOX | 13. PEIXES ESPADAS E QUELLAS
Proxecto Socheo
Vídeo Fox é unha videobitácora do Tania-María, un barco de pesca da Guarda. Este barco faenaba no océano Atlántico, perto das Azores, e se dedicaba ao palangre co que pescaba sobre todos peixe espada e marraxos. A tripulación gravouse durante unha "maré" desde que están de ruta cara o caladoiro até que volven ao porto de Vigo. O que vemos nesta serie é unha gravación autoconsciente dun diario de abordo realizado con moita intención por parte dos protagonistas para testemuñar as incidencias e peculiaridades do seu traballo.
Publicado por
Infogauda
ás
23:41
0
comentarios
((•)) Escucha este post
VAL MIÑOR
- O "Nicki" golpea ao Val Miñor e deixa asulagadas varias zonas da bisbarra.
- Presentación do libro "retallos de GONDOMAR DE MIÑOR" no Auditorio Municipal Lois Tobío.
- Concerto de Nadal da Escola de Música no Centro Cultural de Vincios
- ANOVA fixo entrega formal dunha copia do PXOM de Gondomar á ELM de Morgadáns, que carecía da documentación.
|
Posted: 14 Dec 2012 02:57 PM PST
O paso do temporal Nicki deixou fonda pegada no Val Miñor coa crecida de ríos, barrios parcialmente asulagados , interrupción do paso por algunhas pontes, roturas en postes e valados e caída de árbores en distintos puntos da bisbarra. O centro da vila de Gondomar volveu a rexistrar diversas zonas anegadas polo desborde do río Miñor, aínda que sen a gravidade rexistrada no 2011. Outra vez os veciños do barrio de Moreira, na parroquia de Mañufe sufriron o ingreso das augas nas súas vivendas, nomeadamente nas colindantes coa ponte de Mañufe. Nese senso, o servizo 112 Galicia contabilizou 95 intervencións de distinta orde na Área Metropolitana de Vigo, tendo uns dos principais focos no Val Miñor.
|
|
Posted: 14 Dec 2012 10:04 AM PST
-Os veciños de Gondomar presentan a súa terra no libro de imaxes: retallos de GONDOMAR DE MIÑOR.
retallos de GONDOMAR DO MIÑOR, leva por título o libro onde 60 veciños do concello de Gondomar presentan a súa terra nunha obra que mixtura fotografías e textos libres inspirados nelas. O álbum fotográfico foi presentado este sábado 15 de decembro ás 19 horas nun espectáculo no que interviu o recoñecido pianista Alberto Conde, no Auditorio Municipal Lois Tobío.
|
|
Posted: 14 Dec 2012 10:49 AM PST
Este domingo 16 de decembro ás 18:30 horas terá lugar o tradicional Concerto de Nadal organizado pola Escola de Música de Vincios. Este ano haberá unha pequena actuación dos cativos de Iniciación á Música da escola, un breve concerto da banda infantil da Agrupación Musical de Vincios e o concerto principal, que estará protagonizado pola Agrupación Musical de Vincios. Como sorpresa, anúnciase a presenza da banda de Vincios que interpretará pezas xunto a unha formación coral.
|
|
Posted: 14 Dec 2012 03:07 AM PST
-O órgano administrativo local carecía da información relativa ao futuro da parroquia en materia urbanística.
O vogal Xaime Luxilde (ANOVA) tivo que entregarlle á Entidade Local Menor de Morgadáns unha copia do Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM), pois esta carecía do devandito documento en fase de estudo para a súa aprobación inicial. Nin o Concello de Gondomar nin o gobernante Partido Popular, do que é membro o presidente da Entidade, Urbano Esmerode, tiñan informado nin achegado á parroquia, unha copia da documentación entregada o pasado venres 30 de novembro aos grupos políticos con representación no Pleno Municipal
|
Publicado por
Infogauda
ás
23:05
0
comentarios
((•)) Escucha este post
FORMACIÓN
O ALUMNADO DO CURSO DE CAMAREIRO/A DE RESTAURANTE E BAR REALIZA PRÁCTICAS FORMATIVAS EN EMPRESAS
Asociación Érguete Baixo Miño
Este curso organizado pola Asociación Érguete Baixo Miño está dirixido a persoas desempregadas e con perfil profesional dentro do ámbito da hostalería e/ou restauración, comezou no mes de outubro tendo unha duración de 350 h.
Nel participan 12 persoas da Comarca do Baixo Miño e enmárcase dentro do Programa de Incorporación Social e Laboral que desenvolve a Asociación Érguete Baixo Miño con carácter anual.
Durante os meses de decembro e xaneiro o alumnado realiza as prácticas formativas en centros de traballo, imprescindibles para obter o certificado acreditativo deste curso. Agradecemos especialmente a colaboración das seguintes empresas da Comarca do Baixo Miño para levar a cabo esta formación práctica:
Restaurante Area Grande (A Guarda), Art Café (A Guarda), Bar-Tapería A Competencia (O Rosal), Café-Bar Oasis (A Guarda), Café-Bocatería Woody Pool (Tomiño), Cafetería-Cervecería Pool Chaos (A Guarda), Cafetería-Churrasquería Novo Arroio (Tomiño), Casa Paco (Torroña-Oia), Cervecería-Tapería The Celtic Harp (A Guarda), Nova Casa Cuartel (Goián-Tomiño), Restaurante Juan (O Rosal) e Restaurante Silabario / La Pizarra del Silabario (Tui).
Esta acción realízase baixo o financiamento das cotas dos/as socios/as da Asociación, a Consellería de Traballo e Benestar –Secretaría Xeral de Política Social-, o Fondo Social Europeo, a Deputación de Pontevedra e o Concello de O Rosal.
Publicado por
Infogauda
ás
00:28
0
comentarios
((•)) Escucha este post
OPINIÓN
Confesiones de una maestra
Confesiones de una maestra (1)
No elegí ser maestra. Fue la carrera que mi familia pudo pagar. Y hablo de familia en el sentido extenso de la palabra.
En la postguerra de aquella España empobrecida, mis padres solos no hubiesen podido hacerlo.
Recuerdo con agradecimiento a mi “tío indiano”, que ayudó a los gastos de mi preparación.
Las niñas de pueblo y de clase social baja no podíamos aspirar más que a los Estudios Primarios que se impartían en aquellas escuelas del franquismo que, tras el aniquilamiento cruel de muchos maestros y maestras que durante la República se emplearon a fondo contra el analfabetismo de la población, estaban lidiando con un “nuevo amanecer”, como rezaba la propaganda oficial.
Publicado por
Infogauda
ás
00:27
0
comentarios
((•)) Escucha este post
AMORÍN (TOMIÑO)
O 13 DE XANEIRO ABRIRÁS SÚAS PORTAS A BIBLIOTECA DE AMORÍN
Asociación Veciños de Amorín / Tomiño
O vindeiro 13 de xaneiro, abrirá as súas portas a Biblioteca de Amorín, instalada na Casa dos Mestres de Amorín.
Esta obra, froito do traballo feito por a Asociación Veciños de Amorín, verá a luz grazas a colaboración de moitas persoas anónimas e de institucións que axudaron con libros e con material.
A biblioteca “BiblioAmorín”, estará aberta a todas as persoas en xeral, que desexen libros para ler na casa, sen importar o seu domicilio.
Esta biblioteca estará aberta todos os domingos, durante dúas horas, de 11 a 13 horas, para o préstamo de libros. Será a única biblioteca que abra nun domingo.
Cada persoa deberá ter un carné que se facilita na propia biblioteca. Tamén alí lle será entregado o manual de uso da biblioteca co seu regulamento interno de funcionamento.
Este pode consultarse na páxina web damorin.es, onde tamén se pode descargar a ficha de inscripción.
A Asociación Veciños de Amorín quere dar as grazas á colaboración do Concello de Tomiño e a da Federación de Asociacións Terra Miño.
Tamén espera a instalación de Internet por parte do Concello, para poder integrar esta biblioteca na Rede de Bibliotecas de Galicia.
Publicado por
Infogauda
ás
00:26
0
comentarios
((•)) Escucha este post
VAL MIÑOR
- O helicóptero de salvamento marítimo tardou en acudir a Oia 30 minutos máis do establecido por contrato
- Unha sentencia absolve ao Concello de Gondomar de indemnizar con máis dun millón de euros a unha promotora
- A realidade e perspectivas do sector do viño centrou a segunda TERTULIA do IEM da tempada 2012-2013.
- O Centro Cultural O Torreiro de Priegue ofrece un concerto de Nadal con tres grupos corais.
- II Festival de Acordeóns de Nigrán con recollida solidaria de alimentos.
- Obradoiros infantís de Nadal e Papá Noel nas Angustias
|
Posted: 13 Dec 2012 04:05 PM PST
O pasado 9 de novembro, a Xunta de Galica fixo efectiva a privatización do servizo de salvamento marítimo cun contrato de 30,8 millóns de euros
Agora a mesma Xunta investigará se este novo servizo privado cumpriu co seu contrato á hora de socorrer á percebeira que faleceu onte en Oia, e onde a intervención do helicótero demorou 40 minutos.
|
|
Posted: 13 Dec 2012 09:30 AM PST
|
A realidade e perspectivas do sector do viño centrou a segunda TERTULIA do IEM da tempada 2012-2013.
Posted: 13 Dec 2012 12:49 AM PST
José Evaristo Rodríguez López (Adegas Moure, Arsenio Paz (Bodegas Vilerma) e Xosé María Fonseca Moretón (Terras Gaudas) analizaron a realidade do sector vitivinícola así como as súas perspectivas no que foi o segundo faladoiro das TERTULIAS do IEM da tempada 2012-2013. O acto tivo lugar este venres 14 de decembro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar). Os convidados foron presentados por Antonio Soliño Troncoso, membro da Xunta de Goberno do IEM.
|
|
Posted: 13 Dec 2012 12:45 AM PST
O Centro Recreativo e Cultural O Torreiro de Priegue ofrecerá nas súas instalacións un Concerto de Nadal de Corais, este sábado 15 de decembro a partir das 20.00 horas. Participarán os coros Santa María de las Nieves (dirixida por Rafael Pérez Dopeso), Acorde de Beu (dirixida por Emilio Gulin Hermida) e o coro mixto Stella Maris (dirixido por Loli Presas Salgueiro).
|
|
Posted: 13 Dec 2012 12:37 AM PST
Tras el éxito da primeira edición, celebrada o pasado mes de xuño, o Salón de Actos do Concello de Nigrán acollerá o vindeiro sábado 15 de decembro a partir das 19.00 horas o II Festival de Acordeóns. A actuación, con entrada de balde, contará coa participación do dúo formado por Jaime Vilas e Manuel Olegario, os Amigos do Acordeón de Meaño e o Grupo de Acordeóns do C.V.C. de Valadares. Aínda que a entrada é de balde, o Concello de Nigrán agradecerá a todos os asistentes que leven alimentos non perecedeiros para o fondo de alimentos municipal.
|
|
Posted: 13 Dec 2012 12:33 AM PST
|
Publicado por
Infogauda
ás
00:22
0
comentarios
((•)) Escucha este post
GALICIA
O GRUPO PARLAMENTARIO DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS (EU-ANOVA) PRESENTOU UNHA INTERPELACIÓN A XUNTA DE GALICIA SOBOR DOS PARADORES DE TURISMO
Publicado por
Infogauda
ás
00:13
0
comentarios
((•)) Escucha este post
GALICIA
O BNG denuncia que Feijóo é responsábel da desaparición da obra social das caixas galegas
TELEBNG
O BNG presenta no Congreso unha iniciativa para asegurar a continuidade da participación accionarial de Novacaixagalicia en NCG Banco e para evitar que o FROB aprobe unha operación acordeón no accionariado.
Publicado por
Infogauda
ás
00:04
0
comentarios
((•)) Escucha este post
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)


