15 de dec. de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 14 Dec 2012 02:57 PM PST
o-vilaza-na-ponte-de-rosas
O paso do temporal Nicki deixou fonda pegada no Val Miñor coa crecida de ríos, barrios parcialmente asulagados , interrupción do paso por algunhas pontes, roturas en postes e valados e caída de árbores en distintos puntos da bisbarra. O centro da vila de Gondomar volveu a rexistrar diversas zonas anegadas polo desborde do río Miñor, aínda que sen a gravidade rexistrada no 2011. Outra vez os veciños do barrio de Moreira, na parroquia de Mañufe sufriron o ingreso das augas nas súas vivendas, nomeadamente nas colindantes coa ponte de Mañufe. Nese senso, o servizo 112 Galicia contabilizou 95 intervencións de distinta orde na Área Metropolitana de Vigo, tendo uns dos principais focos no Val Miñor.

 
Posted: 14 Dec 2012 10:04 AM PST
capa-retallos-gondomar
-Os veciños de Gondomar presentan a súa terra no libro de imaxes: retallos de GONDOMAR DE MIÑOR.

retallos de GONDOMAR DO MIÑOR, leva por título o libro onde 60 veciños do concello de Gondomar presentan a súa terra nunha obra que mixtura fotografías e textos libres inspirados nelas. O álbum fotográfico foi presentado este sábado 15 de decembro ás 19 horas nun espectáculo no que interviu o recoñecido pianista Alberto Conde, no Auditorio Municipal Lois Tobío.
 
Posted: 14 Dec 2012 10:49 AM PST
Este domingo 16 de decembro ás 18:30 horas terá lugar o tradicional Concerto de Nadal organizado pola Escola de Música de Vincios. Este ano haberá unha pequena actuación dos cativos de Iniciación á Música da escola, un breve concerto da banda infantil da Agrupación Musical de Vincios e o concerto principal, que estará protagonizado pola Agrupación Musical de Vincios. Como sorpresa, anúnciase a presenza da banda de Vincios que interpretará pezas xunto a unha formación coral.
 
Posted: 14 Dec 2012 03:07 AM PST
IMGP9794
-O órgano administrativo local carecía da información relativa ao futuro da parroquia en materia urbanística.

O vogal Xaime Luxilde (ANOVA) tivo que entregarlle á Entidade Local Menor de Morgadáns unha copia do Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM), pois esta carecía do devandito documento en fase de estudo para a súa aprobación inicial. Nin o Concello de Gondomar nin o gobernante Partido Popular, do que é membro o presidente da Entidade, Urbano Esmerode, tiñan informado nin achegado á parroquia, unha copia da documentación entregada o pasado venres 30 de novembro aos grupos políticos con representación no Pleno Municipal
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario