O 13 DE XANEIRO ABRIRÁS SÚAS PORTAS A BIBLIOTECA DE AMORÍN
Asociación Veciños de Amorín / Tomiño
O vindeiro 13 de xaneiro, abrirá as súas portas a Biblioteca de Amorín, instalada na Casa dos Mestres de Amorín.
Esta obra, froito do traballo feito por a Asociación Veciños de Amorín, verá a luz grazas a colaboración de moitas persoas anónimas e de institucións que axudaron con libros e con material.
A biblioteca “BiblioAmorín”, estará aberta a todas as persoas en xeral, que desexen libros para ler na casa, sen importar o seu domicilio.
Esta biblioteca estará aberta todos os domingos, durante dúas horas, de 11 a 13 horas, para o préstamo de libros. Será a única biblioteca que abra nun domingo.
Cada persoa deberá ter un carné que se facilita na propia biblioteca. Tamén alí lle será entregado o manual de uso da biblioteca co seu regulamento interno de funcionamento.
Este pode consultarse na páxina web damorin.es, onde tamén se pode descargar a ficha de inscripción.
A Asociación Veciños de Amorín quere dar as grazas á colaboración do Concello de Tomiño e a da Federación de Asociacións Terra Miño.
Tamén espera a instalación de Internet por parte do Concello, para poder integrar esta biblioteca na Rede de Bibliotecas de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario