15 de dec. de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 13 Dec 2012 04:05 PM PST
Rosa Quintana, con gardacostas en Celeiro © Xunta
O pasado 9 de novembro, a Xunta de Galica fixo efectiva a privatización do servizo de salvamento marítimo cun contrato de 30,8 millóns de euros

Agora a mesma Xunta investigará se este novo servizo privado cumpriu co seu contrato á hora de socorrer á percebeira que faleceu onte en Oia, e onde a intervención do helicótero demorou 40 minutos.
 
Posted: 13 Dec 2012 09:30 AM PST
concello gondomar
-O Xulgado do Contencioso Administrativo de Vigo vén de desestimar o recurso contencioso administrativo presentado por Promociones Colmeiro e Martínez S.A. no que solicitaba unha indemnización do Concello de Gondomar de 1.061.600,09 euros

 
Posted: 13 Dec 2012 12:49 AM PST
tertulia adegas
José Evaristo Rodríguez López (Adegas Moure, Arsenio Paz (Bodegas Vilerma) e Xosé María Fonseca Moretón (Terras Gaudas) analizaron a realidade do sector vitivinícola así como as súas perspectivas no que foi o segundo faladoiro das TERTULIAS do IEM da tempada 2012-2013. O acto tivo lugar este venres 14 de decembro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar). Os convidados foron presentados por Antonio Soliño Troncoso, membro da Xunta de Goberno do IEM.

 
Posted: 13 Dec 2012 12:45 AM PST
O Centro Recreativo e Cultural O Torreiro de Priegue ofrecerá nas súas instalacións un Concerto de Nadal de Corais, este sábado 15 de decembro a partir das 20.00 horas. Participarán os coros Santa María de las Nieves (dirixida por Rafael Pérez Dopeso), Acorde de Beu (dirixida por Emilio Gulin Hermida) e o coro mixto Stella Maris (dirixido por Loli Presas Salgueiro).
 
Posted: 13 Dec 2012 12:37 AM PST
Tras el éxito da primeira edición, celebrada o pasado mes de xuño, o Salón de Actos do Concello de Nigrán acollerá o vindeiro sábado 15 de decembro a partir das 19.00 horas o II Festival de Acordeóns. A actuación, con entrada de balde, contará coa participación do dúo formado por Jaime Vilas e Manuel Olegario, os Amigos do Acordeón de Meaño e o Grupo de Acordeóns do C.V.C. de Valadares. Aínda que a entrada é de balde, o Concello de Nigrán agradecerá a todos os asistentes que leven alimentos non perecedeiros para o fondo de alimentos municipal.
 
Posted: 13 Dec 2012 12:33 AM PST
A Comisión de Festas de As Angustias prepárase para o Nadal con obradoiros infantís navideños o vindeiro sábado 15 de decembro a partir das 16.30 horas. Ademais, os nenos e nenas que se acheguen ao local social da asociación poderán pedirlle persoalmente a Papá Noel agasallos para este Nadal.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario