Incrementarase
considerablemente a achega para os SAF, co obxectivo de dar cobertura ao maior
número de demandantes
A DEPUTACIÓN FINANCIARÁ CON 2,2 MILLÓNS DE EUROS OS SERVIZOS SOCIAIS
BÁSICOS DOS 53 CONCELLOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES
· A
Consellería destina 2 millóns de euros para a contratación de desempregados
destinados aos concellos
· Serán
contratos de 25 horas semanais que permitirán dar continuidade aos servizos que
agora están prestando nos concellos os traballadores do Plan de Emprego da
Deputación
· Estímase
que se poderán contratar unhas 500 persoas
A
Deputación de Pontevedra destinará este ano un total de 2.247.504 euros ao
financiamento de servizos sociais básicos nos 53 concellos da provincia de
menos de 20.000 habitantes. Así se recolle nun acordo asinado esta mañá polo
presidente da Administración Provincial, Rafael Louzán, e a conselleira de
Traballo e Benestar, Beatriz Mato e no que tamén se inclúe unha achega de 2
millóns de euros por parte da Consellería para que a Deputación poida contratar
a desempregados para a realización de traballos nos concellos.
A
achega que a Deputación destinará aos servizos básicos municipais permitirá
cubrir o financiamento do Servizo de Atención no Fogar e a retribución do
persoal dos centros de servizos sociais comunitarios e de persoal técnico dos
equipos municipais con perfís complementarios aos do traballador social, como
auxiliares administrativos ou educadores.
Pola
súa banda, a Consellería responsabilizarase destes servizos nos concellos de
máis de 20.000 habitantes, así como de subvencionar aos traballadores sociais
de todos os municipios.
Tanto a
conselleira como o propio presidente da Deputación fixeron especial fincapé no
compromiso firme da Administración Provincial cos servizos sociais, que suporá
incrementar considerablemente a achega que os concellos poderán recibir neste
ano para o servizo de atención no fogar (SAF).
Inicialmente,
estaba previsto que a Deputación destinase a mesma cantidade achegada pola
Xunta en 2011 a este servizo, pero a administración provincial decidiu ampliala
considerablemente para facilitar a cobertura asistencial por medio deste
servizo do maior número posible de demandantes.
Así,
aínda que estará en función da demanda de axudas que presenten os concellos,
estímase que dos 2.247.504 de euros que achegará a Deputación 1.193.579 euros irá
ao financiamento dos SAF e 1.053.925 destinarase a persoal técnico e de
servizos comunitarios.
Por
medio deste acordo, a Deputación dará cobertura a todos os concellos da
provincia excepto Pontevedra, Vigo, Cangas, A Estrada, Redondela, Lalín, Marín,
Ponteareas e Vilagarcía, dos que se responsabilizará a Xunta. En total, a
Deputación atenderá unha poboación de 397.529 habitantes.
500 traballadores
Como
contrapartida, a Xunta, a través da Consellería de Traballo e Benestar, destinará
á Deputación unha achega de 2.000.000 de euros (catro veces máis do que viña
achegando ata o de agora a esta deputación para políticas de emprego) para a
contratación de persoal destinado ao desenvolvemento de obras e servizos de
interese colectivo nos concellos da provincia.
O
obxectivo é mellorar a empregabilidade dos traballadores e asegurarlle aos
concellos a disposición de medios humanos para atender servizos municipais
básicos.
Permitirá
contratar a unhas 500 de persoas, con contratos de 25 horas semanais para
darlle unha oportunidade ao maior número de traballadores posible, que
dependerá das necesidades concretas dos concellos, do tipo e duración dos
contratos (que poderá ser de 4 ou 6 meses) e do perfil do traballador (técnicos
ou peóns). Serán contratos para comezar a traballar a partir do 1 de outubro,
enlazando así co Plan de emprego da Deputación.
Achega sen precedentes
Neste
sentido, Rafael Louzán incidiu en que, grazas ao acordo asinado hoxe nun acto no
que tamén participou a deputada Marta Iglesias e o delegado da Xunta en
Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, “os cidadáns van ver que unimos forzas,
que evitamos solapamentos e duplicidades” e que grazas a esta “estreita
colaboración e coordinación” imos garantir os servizos básicos e tamén a
mellora da empregabilidade dos pontevedreses e pontevedresas.
Louzán
incidiu en que, con este acordo, “os concellos van ter a garantía absoluta non
só de que van poder seguir prestando os servizos sociais básicos, senón de que
imos poñer todos os medios ao noso alcance para que poidan facelo da mellor
maneira posible”.
Así,
recalcou que o obxectivo da Deputación é lograr non só que non diminúa a
cantidade destinada a estes servizos, senón reforzalos, para o que a Administración
provincial comprometeu, no acordo desta mañá “unha achega sen precedentes”.
“Tanto
desde a Xunta de Galicia como desde esta institución –dixo Louzán- apostamos
pola atención de proximidade” e, por iso, se vai facer unha aposta forte pola
atención social.
“Logralo
vainos esixir un esforzo extraordinario, pero cremos que é positivo, necesario
e xusto, porque estamos falando dos que máis o precisan e dos que menos teñen”,
recalcou.
En
canto á contratación de persoal destinado aos concellos, Louzán destacou que se
comezarán a seleccionar en setembro, co obxectivo de que os concellos poidan
manter o nivel de servizos que agora están prestando e que, nunha provincia moi
turística está permitindo que “teñamos en perfecto estado de revista as nosas
infraestruturas”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario