TRIBUNA ABERTA
UNHA FOTO PARA PRESUMIR E OUTRAS FOTOS PARA REFLEXIONAR
(Foto 1)
Para
presumir
Onte
saíu nalgún medio de comunicación do pobo esta foto onde cargos políticos
importantes do noso concello da Guarda (Alcalde e Concelleira de Turismo)
prestáronse a pousar riseiros e satisfeitos polo logro conseguido, levantar a
bandeira azul na praia do Muíño.
(Fotos 2 e
3)
Para
reflexionar
(Foto 2)
Nesta
foto, non están nin o alcalde nin a Concelleira de Turismo, soamente as pegadas
dunhas pisadas na area e destacando unha tubaxe que anos atrás tería a súa
razón de ser que estivese aí, pero
agora, non hai que ser un lince, para darse conta de que é algo molesto
e moi perigoso para calquera persoa que se lle antolle dar un paseo por esa
zona, e moito máis perigoso é cando a tubaxe
está mergullada na auga que se está turbia non deixa ver o perigo.
(Foto 3)
Ás
pedras van caendo e a fochanca vaise agrandando. E conveniente que alguén con
responsabilidade lle vote unha ollada e poña en marcha os medios para que iso
non se veña abaixo por si só, ou que alguén pase por a parte de arriba e
bascule el e as pedras ao río.
Señores
gobernantes, fáganse tamén unha foto nese pedaciño de praia que está moi
próxima á da bandeira azul, concretamente diante da “Urbanización Armona”, pero que moita xente tamén goza
dela - todos non cabemos no Muíño -, por iso é polo que aínda que sexa sen
bandeira merecémonos dar un paseo sen ter que sufrir o que unha tubaxe podre ou
unha parede a piques de caer sexa motivo para ferir a alguén, mentres vostedes
só miran para ese anaco de praia coa bandeira azul. Sempre buscando a foto que
vende, e sempre están onde, para “promocionar” o noso pobo hai bos pratos de
comida, que por certo son de balde para vostedes. Tamén hai que mirar as
miserias do pobo, que hai moitas máis das que merecemos, e buscarlle solucións,
que as teñen, incluído a ubicación do mercadillo.
Nota.- Recorro a poñer as miñas
queixas nos medios de comunicación xa que todas cantas puxen por a vía legal de
facer un escrito e pasalo por o servizo de rexistro do concello, a ningunha,
desde que vostedes gobernan, recibín resposta.
Polo tanto como non sei se as len, penso que non, é polo que non perdo o tempo en ir ao
Concello a entregar a nota.
A Guarda, 18 de xullo de 2012
Asinado: Anselmo Martínez Pena
Nota da Redacción de Infogauda:
Omitimos voluntariamente reseñar o N.I.F. do noso correspondente, a quen lle agradecemos públicamente súa oportuna crítica e tamén súas suxerencias, que compartimos íntegramente.
Unha acraración: O título do comentario remitido a Redacción de Infogauda é da nosa exclusiva responsabilidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario