1 de abr. de 2012

ECONOMÍA

PUNTOS DE INFORMACIÓN OS AFECTADOS POLAS "PREFERENTES"


Escrito enviado dende a Oficina de Consumo:
A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Galego de Consumo decidiu reforzar os puntos de información aos afectados e ven de habilitar en colaboración con algúns concellos, oficinas de atención personalizada, na que os afectados recibirán asesoramento e poderán tramitar as súas reclamacións.
Estas oficinas complemetan ás oficinas das que xa dispón o Instituto Galego de Consumo nas sete grandes cidades de Galicia.
A situación destas oficinas definiuse tendo en conta as zonas donde en principio se detectaron un maior número de afectados, polo que non se descarta no futuro considerar novas situacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario