A SANGRÍA ECONÓMICA DA ESTRADA “ A GUARDA-TUI”
Diante da información da paralización das obras do vial A Guarda-Goian-Tui, (cada anaco ten una definición e unas características distintas) xa manifestamos que de novo se cometía un agravio ca nosa zona, donde a deixadez, o abandono e aillamento é una constante de tódolos gobernos da Xunta ca parte sur do Baixo Miño.
A paralización dese vial conleva a que os nosos vecinos teñan que rodar por una estrada colapsada dende hai tempo, cun firme de pésima calidade e cunha colección de sinais (en moitos casos contradictorias entre sí) que os obriga dunha maneira ou de outra a deixar o séu salario (os que teñen a sorte de ter traballo) no viaxe, pois entre os desgaste e agotamento dos vehículos polo mal estado da estrada, a mala sinalización viaria e a presencia permanente de controis cos radares nos horarios en que saen para as empresas, fai que entre puntos e sancións económicas, sexa una sangría tódolos meses na súa nómina.
O vehículo fai tempo que deixou de ser un artigo de luxo para convertirse nún complemento laboral, xa que a gran maioria, ten que desplazarse fora da súa localidade para poder traballar, isto conleva, trala compra do mesmo, una serie de gastos engadidos (seguro, I.T.V., rodaxe, etc.), ademáis dos impostos.
A todo o anterior, hai que engadir o capítulo de sancións, as cales, fai uns anos, eran as clásicas, e que non tiñan moita discusión, (saltar un stop ou pasar en roxo, pisala líña continua, etc.) Pero logo apareceron os radares. EStes trebellos, actualmente, son o pesadelo de tódolos conductores, hai quen non durme pensando en que cruce os vai atopar, ata chegala a autovía en Tui. E tal a presencia de controles no horario de ida ou volta do traballo, que é una opinión xeneralizada que en vez de seguridade tratase dun acoso constante dos usuarios da carretera, nestes tempos de crise que corren no noso país, a sanción por sobrepasalo límite das distintas e diversas sinais, todos opinan que é un afán recaudatorio sin límites.
Con isto non pretendemos sinalar que non se teñen que cumplir as léis, pero a maioría dos usuarios pensan que deberían de revisarse algunhas sinais de limite, pois existe moita contradicción entre elas e tamén a posibilidade de acatalas por estar ubicadas moi próximas unas a outras, en moitos casos son inapropiadas e provocan retencions e tensión nos conductores.
De vez en cando as autoridades responsables do tráfico na zona, deberian pararse a pensar o quebranto anímico e económico que supón para o conductor e súa familia o ter que pagar as sancións e chegar a fin de mes.
Da a impresión de que a voracidade recaudatoria da Administración nos leva aos tempos de “Juan sin tierra” soio que os usuarios da nosa estrda non teñen a un Robin Hood que lles devolva o diñeiro…
Por CONVERXENCIA GALEGA
AGRUPACION DE TUI
Ningún comentario:
Publicar un comentario