3 de ago. de 2011

SANTIAGO DE COMPOSTELA

CINES DE AFGANISTÁN. RELATOS DE XÉNERO E SOCIEDADE


4 DE AGOSTO. PROGRAMA 3
DO ARQUIVO AFGHAN FILMS
[duración: 63 min]
TALABGAR / O candidato ao matrimonio
1969 / Afganistán / Dirección: Khaleq A’lil / Actores: Kahn Aqasorur, Rasol Maimuna, Rafiq Sadek, Habiba Askar /40 min / V.O.S.E.
Nasser, estafador e ladrón, quere casar con Sima, estudante de familia de clase media que vive en Kabul. Co seu altivo comportamento é quen de impresionar o pai de Sima, non obstante para ela a felicidade non reside na riqueza nin no matrimonio, senón na educación. Sima rebélase contra os valores dos seus pais e finalmente consegue pór ao descuberto a estafa de Nasser.
SAYEH / Sombra
1990 / Afganistán / Dirección: Nacir Alqas / Guión: Siddiq Barmak (a partir da novela de Shalal Ahmad) / Actriz: Yasemin Yarmal / 23 min / V.O.S.E.
Rodada en Kabul despois de dous anos de prohibición, Sayeh relata a historia dunha viúva de guerra que en segundas nupcias casa cun home que rexeita o fillo que tivo co seu primeiro marido. Baseada nunha dramaturxia que recorda o cine neorrealista italiano, a película reflicte a concepción ríxida das funcións de cada xénero nun período en que o país estivo ameazado por sucesivas guerras civís logo da ocupación soviética.
Máis información:
www.cgac.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario