3 de ago. de 2011

O ROSAL

O BNG cualifica de 'pouco oportuno' o momento elixido para cambiar as balizas da praia de Eiras
Consideran que se debería ter feito antes e non na tempada de baño

Infogauda / O Rosal


O Bloque Nacionalista Galego non cree que o verán sexa o mellor momento para pórse a cambiar as balizas que sinalizan a zona de baño na praia de Eiras. Cualifican de 'pouco oportuno' o momento elixido e sinalan que se debería ter feito antes.

Aínda que entenden que é normal ter que cambiar as balizas se se atopan en mal estado, -tal e como asegurou o alcalde no pasado pleno-, consideran que se debería ter feito antes e non na tempada de baño.
“Estamos en plena tempada de verán e a praia de Eiras carece, a día de hoxe, de sinalización da zona de baño”, indican os nacionalistas.

Medidas preventivas
Así mesmo, o voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira, manifestou que se deberían sinalizar cunhas boias os 'mortos' que serven para amarrar as balizas. “Agora mesmo non se ven e poden ser causa de accidentes”, sinala.

Ningún comentario:

Publicar un comentario