A DEPUTACIÓN INVESTIRÁ 3,7 MILLÓNS DE EUROS NUN PLAN DE INFRAESTRUTURAS DEPORTIVAS

A Deputación provincial de Ourense aprobou hoxe no Pleno da Corporación provincial destinar un investimento total 3.723.880 euros para o Plan de Infraestruturas Deportivas 2011. O plan contempla a realización de 15 obras como son construción de campos de herba artificial, cun custo de 300.000 euros cada un, en Velle (Ourense), Pereiro de Aguiar, Muíños, Ribadavia, Xinzo de Limia, Cea, O Barco de Valdeorras e Bande.
Tamén aprobou a Deputación a construción dunha piscina municipal en A Veiga, por importe de 590.880 euros, e en Porqueira, cun investimento de 297.000 euros; e a realización de pistas polideportivas no Concello de Baltar 200.000 euros), e en Sandiás (120.000 euros), así como obras na pista polideportiva de Petín, por valor de 45.000 euros; no campo de fútbol de Vilar de Santiso (49.000 euros), e a construción da cuberta da bancada en A Merca (22.000 euros).

A distribución do financiamento será para cada obra a que estableza o convenio de cooperación que se subscribirá entre a Deputación de Ourense e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. En todo caso, o financiamento a cargo dos concellos interesados será do 20%, con excepción da obra do campo de fútbol de herba artificial en Velle (Concello de Ourense), ao tratarse dunha obra de iniciativa provincial para a que non está prevista financiamento municipal.A distribución do financiamento será para cada obra dun 40%, correspondente á Xunta de Galicia; un 40% correspondente á Deputación de Ourense, e un 20% correspondente aos concellos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario