31 de xan. de 2011

OURENSE

DANIEL IGLESIAS GANA A ULTIMA EDICIÓN DO PREMIO PURA E DORA DE ILUSTRACIÓN





O pontevedrés Daniel Iglesias Padrón foi o gañador da VIII edición do Premio “Pura e Dora Vázquez” de literatura infantil e xuvenil na modalidade de ilustración, que convoca anualmente a Deputación provincial de Ourense.
Hoxe o xurado, trala súa deliberación, acordou conceder o premio ao traballo de ilustración presentando por Daniel Iglesias, traballo que, segundo recolle a acta, axústase ás características descritas nas bases.

O xurado, presidido por José Luis Valladares Fernández, estivo integrado por Javier Blanco Sierra (Xavier Riomao), Ana Malingre Rodríguez, César Taboada Varela e María Canosa Blanco, actuando como secretario o director do Centro Cultural da Deputación de Ourense, Francisco González Bouzán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario