Francisco López define a Luís Seoane como un “fenómeno cultural, intelectual e un grande artista polifacético” na Feira Internacional do Libro de Bos Aires
Infogauda / Galicia
O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura presentou a conferencia “Seoane entre dou mares”, a cargo de Ramón Villares, que “coa amenidade e a profundidade que o caracterizan” nos achega á figura do artista galego na conmemoración do centenario do seu nacemento.
A xornada contou cunha intensa actividade galega coas visitas á Delegación da Xunta de Galicia e ao Colexio Santiago Apóstol en Bos Aires e coa asistencia ao espectáculo musical “Dúas Beiras”.
Feijóo sinala que o Plan de Actuación Social 2010-2013 suporá un investimento de 2.000 millóns de euros e a creación de 10.000 postos de traballo anuais
· O presidente da Xunta visitou as instalacións da nova residencia ASPACE II Autora: Ana Varela
O titular da Xunta preside en Sada a inauguración da residencia de ASPACE II para persoas con parálise cerebral.
Explica que esta planificación suporá un incremento do 50% nas prazas públicas de centros de día, residencias e escolas infantís.
Salienta que o seu Goberno aumentou nun só ano o 71% o número de persoas que perciben a axuda á dependencia.
“Non basta con garantir a cobertura das necesidades básicas das persoas”, remarca o presidente galego, quen avoga por garantir o máximo desenvolvemento de todos os cidadáns.
Salienta que as tres universidades, a TVG, a FEGAMP, o Valedor do Pobo, expertos, e entidades sociais están a colaborar coa Xunta no deseño das actuacións concretas do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia 2010-2103.
Feijóo recalca que este proxecto abordará a garantía básica dos dereitos das persoas con discapacidade, a accesibilidade, a promoción da autonomía persoal, a educación, o emprego, a atención sociosanitaria, a igualdade de xénero, e o ocio.
Galicia recibirá o 5,5% do fondo do Ministerio de Igualdade para a asistencia integral a vítimas de violencia de xénero
Marta González saúda á ministra de Igualdade, Bibiana Aído
Marta González asistiu en Madrid á Conferencia Sectorial de Igualdade convocada polo Ministerio.
Galicia recibirá do Ministerio 279.207 euros para programas de asistencia integral ás vítimas de violencia de xénero, destes 205.000 terán que ser destinados a mulleres inmigrantes e 75.000 para menores vítimas de situacións de violencia.
Os novos criterios para distribuír os 5 millóns de crédito que o Ministerio transfire as Comunidades Autónomas, como o índice de poboación inmigrante, non beneficiaron a Galicia respecto a outras comunidades.
Ler máis.
O director xeral de Xuventude anima en Tui á cidadanía a unirse ao programa de Voluntariado Xacobeo 2010 en apoio aos peregrinos

· Ovidio Rodeiro e Cores Tourísna rolda de prensa
Ler máis.
Medio Ambiente inviste máis de 400.000 euros na limpeza das marxes dos ríos da zona sur da provincia de Pontevedra
O obxectivo é sanear e protexer as bacías de Galicia- Costa no sur de Galicia.
As tarefas de acondicionamento consistirán na limpeza das marxes dos ríos, zonas de servidume de paso e pistas de acceso ao entorno fluvial.
O prazo de execución do proxecto é de 24 meses. Medio Ambiente adxudica tres obras hidráulicas nos concellos de Vilanova de Arousa, O Rosal e As Neves, por un importe de 600.000 euros
O obxecto destas obras é resolver carencias en infraestruturas nos concellos galegos, ofrecendo así unhas mellores condicións de vida aos seus cidadáns.
Trátase de accións como a instalación de colectores, dotación de saneamento e mellora das redes de abastecemento.
Ler máis.