ESTREO DA MONTAXE AUDIOVISUAL "CANEDO"
Infogauda / Ourense
O Centro Cultural da Deputación acollerá mañá, martes, día 27 de abril, ás 20:15 horas, a inauguración da primeira montaxe do proxecto audiovisual CANEDO, realizado polos artistas Vicente Vázquez e Usúe Arrieta.
Canedo é un proxecto que realizamos recentemente en Galicia e que se atopa en fase de pos produción. Traballamos rodeados da familia de Vicente, esta foi o eixo principal. O punto de partida foi fotografar a tódolos membros da familia no monte da súa propiedade, xusto diante dunha árbore. Posteriormente fixemos un seguimento da tala desa árbore e de contado recollemos o proceso de transformación a libro. Para iso, a árbore trasladouse a un serradoiro, a escasos metros da casa familiar, para que unha vez cortado e pelado, transportalo a unha celulosa e a unha fábrica de cartón onde ós troncos se lles aplicou os procesos necesarios para convertelos en papel e cartón. Despois, nunha imprenta situada nas cercanias da casa familiar estampouse a foto-retrato da familia, esta fotografía imprimiuse en tódalas páxinas do correspondente libro ata conseguir que o molde da imprenta pérdese a súa forma orixinal, deste xeito obtivemos un exemplar onde, nas primeiras páxinas visualizábase claramente o retrato familiar, mentres que nas últimas páxinas apenas se apreciaba o seu valor figurativo inicial. Tralo cosido e encolado o libro transportouse desde a imprenta-situada preto da casa da familia-, ata a casa familiar. Percorrido este, que se fixo entre honras de festa. A avoa materna de Vicente tocou o piano e, para o preámbulo da verbena, Vicente cantou acompañado do grupo musical do seu pai “LOS FLAVIA”. Deste xeito procedemos ao enterro deste libro, preto da carballeira que se atopa fronte ás casas familiares, xusto onde se desenvolveu a verbena.
Ningún comentario:
Publicar un comentario