A REVISTA “RAIGAME” DEDICA UN MONOGRÁFICO A NOVONEYRA, PROTAGONISTA DAS LETRAS GALEGAS 2010

Infogauda / Ourense
A revista “Raigame” que edita a Deputación provincial de Ourense dedica un monográfico ao poeta e escritor Uxío Novoneyra, protagonista do Día das Letras Galegas 2010. A presentación da publicación tivo lugar hoxe na institución provincial coa presenza do presidente da Deputación, José Luis Baltar; os directores da revista, Xulio e Mariló Fernández Senra, e a responsable de Publicacións da Deputación de Ourense, Ana Malingre.
Xulio Fernández Senra dixo que “Raigame” segue fiel aos obxectivos cos que nace: “servir de instrumento de difusión para o traballo de investigación etnográfica de expertos, profesores, estudosos e, en xeral, para todas aquelas persoas que teñen algo que aportar á riqueza patrimonial e etnográfica de Galicia e de Ourense en particular”.Pola súa banda, José Luis Baltar referiuse a “Raigame” como “a revista de todos: un espazo literario onde teñen cabida dende os investigadores máis afamados ata os máis noveles, pero co requisito da calidade como única esixencia para todos”.No que atinxe ao contido do número 32 que hoxe se presentou, Xulio Fernández Senra destaca “a excelencia” dos artigos que se inclúen, “tanto polo calado investigador e a rigorosidade científica, como pola gran aportación que fan á nosa historia”. Neste senso destacan as investigacións sobre “Os cabaceiros de madeira no Eo-Navia”, cuxo autor é Carlos Xesús Varela Aenlle; e “Os apuntamentos sobre a lírica de Emilio Pita”, artigo asinado por José Ángel García López. Este número inclúe tamén un interesante traballo de María Zaragoza Arias sobre a historia do Teatro Losada de Ourense, dende o seu nacemento como cine e teatro de “variedades” ata o seu destino final que foi converterse nun edificio para o comercio. Outro dos artigos, escrito por María Elisa Abad Suárez, realiza un percorrido filatélico pola Vía da Prata, recollendo os selos conmemorativos, cartas, postais e demais elementos do Correo, utilizados ao longo desta importante rota Xacobea.A segunda parta da revista é a dedicada monograficamente a Uxío Novoneyra. En concreto, consta de catro artigos que describen dende diferentes ópticas o achegamento do poeta lucense á cultura popular. Carmen Blanco asina o artigo “O poeta da terra e a peste da historia”, mentres Claudio Rodríguez Fer co “Son da terra na poesía de Novoneyra”, explica a fonda relación entre as vivencias rurais do poeta e a súa obra. Completan a edición os traballos de Olga Novo con “O canto (des)comunal dos seres da serra. Uxío Novoneyra dicidor dos saberes do seu pobo”, e Clodio González Pérez con “O Caurel de Uxío Novoneyra. Achegamento á cultura popular”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario