A xornada contou cunha intensa actividade galega coas visitas á Delegación da Xunta de Galicia e ao Colexio Santiago Apóstol en Bos Aires e coa asistencia ao espectáculo musical “Dúas Beiras”.
Feijóo sinala que o Plan de Actuación Social 2010-2013 suporá un investimento de 2.000 millóns de euros e a creación de 10.000 postos de traballo anuais
Explica que esta planificación suporá un incremento do 50% nas prazas públicas de centros de día, residencias e escolas infantís.
Salienta que o seu Goberno aumentou nun só ano o 71% o número de persoas que perciben a axuda á dependencia.
“Non basta con garantir a cobertura das necesidades básicas das persoas”, remarca o presidente galego, quen avoga por garantir o máximo desenvolvemento de todos os cidadáns.
Salienta que as tres universidades, a TVG, a FEGAMP, o Valedor do Pobo, expertos, e entidades sociais están a colaborar coa Xunta no deseño das actuacións concretas do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia 2010-2103.
Feijóo recalca que este proxecto abordará a garantía básica dos dereitos das persoas con discapacidade, a accesibilidade, a promoción da autonomía persoal, a educación, o emprego, a atención sociosanitaria, a igualdade de xénero, e o ocio.
Galicia recibirá o 5,5% do fondo do Ministerio de Igualdade para a asistencia integral a vítimas de violencia de xénero
Galicia recibirá do Ministerio 279.207 euros para programas de asistencia integral ás vítimas de violencia de xénero, destes 205.000 terán que ser destinados a mulleres inmigrantes e 75.000 para menores vítimas de situacións de violencia.
O director xeral de Xuventude anima en Tui á cidadanía a unirse ao programa de Voluntariado Xacobeo 2010 en apoio aos peregrinos
Medio Ambiente inviste máis de 400.000 euros na limpeza das marxes dos ríos da zona sur da provincia de Pontevedra
O obxectivo é sanear e protexer as bacías de Galicia- Costa no sur de Galicia.
As tarefas de acondicionamento consistirán na limpeza das marxes dos ríos, zonas de servidume de paso e pistas de acceso ao entorno fluvial.
O prazo de execución do proxecto é de 24 meses.
Medio Ambiente adxudica tres obras hidráulicas nos concellos de Vilanova de Arousa, O Rosal e As Neves, por un importe de 600.000 euros
O obxecto destas obras é resolver carencias en infraestruturas nos concellos galegos, ofrecendo así unhas mellores condicións de vida aos seus cidadáns.
Trátase de accións como a instalación de colectores, dotación de saneamento e mellora das redes de abastecemento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario