O festival estreouse cun documental sobre o pintor lalinense Antón Lamazares, que segundo Roberto Varela, “posúe a capacidade de abordar calquera temática da nosa realidade social e cultural”.
Play-Doc presentará ata o domingo 31 filmes documentais seleccionados entre as máis de 800 propostas procedentes de todo o mundo.
A nova instalación terá como obxectivo dotar de saneamento as vivendas de recente construción situadas ao longo da estrada Vigo-Tui (PO-552).
A obra consistirá na posta a punto de dous novos colectores e dúas novas cámaras de bombeo que conectarán coa estación depuradora de PedornesO prazo de execución é de catro meses.
Francisco López gabou o traballo dos autores do libro, resultado dos premios do proxecto Antonio Fraguas, e asegurou que neste Ano Xacobeo “celebramos a condición de terra de acollida, de destino de peregrinación para aqueles que buscan unha forma máis intensa de vivir e de compartir experiencias entre pobos”.

Supón tamén avanzar na clarificación do alcance do artigo 39 da lei, no que permanece, como en todo momento defendeu o actual Goberno da Xunta, a posibilidade de executar instalacións en zonas protexidas sempre e cando se realicen compatibilizando ditos desenvolvementos coa preservación dos bens obxecto de dita protección.
O departamento que dirixe Agustín Hernández agarda que esta mesma actitude de acordo teña continuidade co Plan de Ordenación do Litoral e as Directrices de Ordenación do Territorio.
O Plan de transporte metropolitano de Vigo incrementará nun 57% o número de viaxeiros no 2015
O director xeral de Mobilidade convocou a reunión constitutiva da área de Vigo para iniciar os traballos que farán posible a instauración do novo transporte.
Os concellos que formarán parte inicialmente deste novo Plan son, ademais de Vigo; Baiona, Cangas, Gondomar, Moaña, Mos, Nigrán, Porriño, Redondela e Salceda de Caselas.
O departamento autonómico destina este ano 260 prazas para asociacións de maiores que estean interesados en conmemorar o Ano Santo Xacobeo e retoma a modalidade de turismo de praia con 240.
O Goberno galego incrementa ata un 50% a súa achega para financiar o custo das prazas da opción “ só tratamento termal” dentro desta modalidade.
A Comisión Galega de coordinación e seguimento da actividade fronte á infección polo mycobacterium tuberculosis reúnese por primeira vez en oito anos
É un órgano de apoio e colaboración coas entidades encargadas de executar as tarefas para a prevención da infección e da enfermidade tuberculosa.
O Programa galego de prevención e control da tuberculose permitiu unha diminución importante no número de casos, un descenso do 55% entre os anos 1996 e 2008.
A Agadic convoca unha nova edición dos premios de literatura dramática Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde
O período de admisión de orixinais remata o 11 de xuño nos tres casos.
A dotación económica é de 6.000 euros para cada galardón e modalidade.
Galicia participa no seminario do Programa de Cooperación transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 que terá lugar en Évora
Este curso transfronteirizo celebrarase os vindeiros días 23 e 24 de marzo.
Nel farase a presentación da II convocatoria de Proxectos do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2007-2013.
Contará coa presenza de representantes dos principais órganos responsables da xestión do Programa Operativo do POCTEPAs inscricións para participar neste seminario poden facerse online ata o próximo 18 de marzo na web http://www.seminariopoctep.eu/
Medio Ambiente inviste 120.000 euros na concesión de subvencións para a instalación de sistemas de seguranza aos taxistas
A axudas terán por finalidade as instalacións de sistemas de seguridade de dúas clases; un GPS e un mecanismo de anteparo que actuaría como separación entre o taxista e o cliente.
Os requisito básico para solicitar as subvencións será ter a autorización administrativa vixente e expedida pola Dirección Xeral de Mobilidade.
O prazo de inscrición remata o 23 de abril de 2010.